Actividades de Igaciencia no Primeiro Cuatrimestre de 2016

Submitted by admin on Fri, 12/04/2015 - 16:32

-Robótica

Para que os centros podan organizar o seu calendario de actividades extraescolares do curso, comunicamos que o Concurso Galego de Robótica celebrarase nas sedes da Fundación Barrié de Vigo e A Coruña os días seguintes:

Vigo do 12 ao 15 de abril na sede de Vigo, Policarpo Sanz 31, 36202 Vigo.

A Coruña, do 18 ao 22 de abril na sede de A Coruña, Rúa Cantón Grande, 9, 15003 A Coruña

Final, na Coruña cos primeiros equipos gañadores dos grupos que participaron na semana de Vigo e os da semana de A Coruña, e o de maior puntuación dos restantes. Día 26 de abril.

Inscrición. Abrirase a inscrición o día 1 de febreiro de 2016, ás 9 da mañán para os centros que van a Vigo e o día 3 de febreiro, ás 9 da mañán para os centros que van a ir a Coruña.

-Inventa en Galego e Sensores

Tendo en conta a regresiva redución de horas de Tecnoloxía na ESO e no Bacharelato (nalgún caso da metade) e a petición por parte de varios profesores, amplíase o prazo de entrega dos traballos ao 31 de xaneiro de 2016. Que xa o tes feito? Pois podes entregalo enviándonolo e inscribíndote a continuación neste mesma páxina.

Estamos intentando completar a dotación de sensores con algún complemento adicional dado por un patrocinador de  A Coruña, pero non obtivemos rsposta polo momento.

O día da entrega de premios o temos posto no Ágora, o día 5 de febreiro de 2016, de 12 a 14 horas.

Inscríbete no formulario que figura ao final do texto.

-Rally Científico e Matemático sen Fronteiras

En principio, a data da primeira proba do Rally está sinalada para o 16 de marzo de 2016 e a Final galega o día 8 de abril na Facultade de Quimicas de Santiago

Data de comezo de inscrición 2 de xaneiro de 2016.

-Exposicións da Ciencia e a Tecnoloxía da Luz

Dada a gran cantidade de peticións dos centros recibidas para visitar a exposición en Coruña estamos intentando realizar unha nova exposición durante unha semana en Coruña -no primeiro semestre de 2016- e outra en Vigo -en maio-. Pero depende de varios factores: dispoñibilidade de locais, dos posibles patrocinadores e a non superposición coas actividades de Igaciencia que estamos xustamente a describir. Estade atentos á páxina de Igaciencia ou apúntate aquí para recibir a información da exposición cando se confirme que se realizará.