Inventa en Galego (con App Inventor)
As bases, que podedes ver aquí, son semellantes ás de dous anos anteriores e tamén contará co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e de Igaciencia. A modo de resumo, céntrase en:
Crear programas en App Inventor por un equipo de alumnos e alumnas de Primaria ou Secundaria de Galicia, presentados por un ou unha profesor/a.
Temática: As App versarán sobre programas útiles nas viaxes, na xeografía e relativos a calquera aspecto de Galicia. Ao menos no idioma galego (pode ter máis).
Este ano valorarase a conexión web á base de datos como MySql que permita unha descrición extensa, a xeolocalización, a captura de fotografías descriptivas e o almacenamento dunha gran cantidade de datos.
Premios: 2 ,de 300 e 200 euros. Prazo, finais de maio.
Concurso de Sensores
Ampliamos as bases de anos anteriores permitindo utilizar móbiles intelixentes, mbots dos centros, GPS e Internet das cousas.
Premios: 2, de 300 e 200 euros en material para os centros. Prazo, finais de maio. Co patrocinio do Concello de A Coruña e Igaciencia.
Concurso de actividades con GPS no ano das Viaxes científicas
Temáticas:
-Conseguir recoller ou facer un gran número de datos xeoreferenciados e comentados do teu Concello (ou dunha viaxe escolar) utilizando unha base de datos que está en proceso de xestión, "Nova Carta Xeométrica de Galicia", ou ben unha propia do centro que entreguedes. Celebramos así os 200 anos do comezo (1817) da Carta Xeométrica de Domingo Fontán e pretendemos emular, colectivamente, os seus traballos durante 17 anos nos que conseguiu o primeiro mapa de Galicia que foi realizado con medicións matemáticas. Neste caso será o primeiro mapa cultural, científico, turístico, literario, económica e historicamente relevante feito con GPS, e medios informáticos e a colaboración de todos.
-Facer un debuxo xigante nun monte utilizando GPS
-Facer un "crop circle" de aparencia extraterrestre utilizando GPS (quizais un triskel galego feito con semicírculos nun prado en primavera).
-Conseguir reunir percorridos andando ou en bicicleta da túa zona ou dunha viaxe ou de Galicia.
-Geocaching ou outros xogos con GPS
Prazo: 1 de novembro de 2017.
Patrocinio, está pendente, así como unha maior concreción do concurso.
Faremos reunións explicativas sobre os concursos nalgunhas zonas, dando ideas, materiais e recursos para poder participar con igualdade. Para ser avisado, e poder participar, inscríbete aquí. Na Coruña os días 3 e 4 de marzo
- Log in to post comments