Obradoiro e Concurso Galego de Robótica 2017

Submitted by admin on Mon, 01/30/2017 - 16:32

Obradoiro e Concurso Galego de Robótica 2017

Celebrarase en Vigo os días 4, 5, 6 e 7 de Abril e en Coruña os días 24, 25, 26, 27 e 28 de abril. Final sobre o 4 ou 5 de maio de 2017

Lugar:

En Vigo, na Fundación Barrié, Rúa Policarpo Sanz, 31, 36202 Vigo, Pontevedra. 

En Coruña, na Fundación Barrié, Rúa Cantón Grande, 9, 15003 A Coruña

Categorías:

Destinado a alumnado de 5º e 6º de Primaria, ESO,  Bacharelato e 1º ciclo de FP.

Agrupado en 3 categorías:

 5º e 6º de Primaria e 1ºESO,       2º, 3º e 4º ESO,       Bacharelato e 1º Ciclo FP

Á final acudirá, en cada categoría,  os grupos de maior puntuación de cada zona e o segundo clasificado en cada zona que teña maior puntuación.

Inscrición: para asistir a Vigo abrirase o día 1 de febreiro ás 9 da mañá. Para asistir a Coruña iniciarase o día 3 de febreiro ás 9 da mañá. Para iso elixe unha das opcións que figuran a continuación.

INSCRICIÓN EN VIGO                             INSCRICIÓN EN CORUÑA

Todos os centros participantes con equipos de Bacharelaro e ciclos formativos competirán con EV3 (agás que soliciten expresamente NXT). Os de ESO e Primaria participarán con Lego NXT, agás que soliciten participar con EV3.

Tede en conta que:

O criterio de admisión é a orde de inscrición. A orde de inscrición dá prioridade para a data e horario solicitado, por esa razón cómpre mirar antes de cubrir o formulario o CALENDARIO PROVISIONAL  que se irá cumplimentando paulatinamente, de maneira case inmediata os dous primeiros días. Posteriormente débese comprobar se o centro aparece no calendario pois esa é a confirmación de que a inscrición se realizou con éxito.

Pregamos encarecidamente que os centros de Vigo e Coruña capital ocupen as franxas nas que os centros de fóra de Coruña teñen máis problemas para asistir (especialmente de 9 a 11 e/ou de 13 a 15, de 16 a 18). O primeiro día, nas primeiras horas, sucédense as inscricións cun intervalo de poucos minutos por esa razón cómpre que comprobedes na media hora ou hora seguinte se a vosa petición está rexistrada no calendario, porque pode ser que solicitarades unha hora xa ocupada. Se é ese o caso, por favor realizade unha segunda solicitude tendo en conta os ocos que quedan.

Se un grupo xa inscrito ten un número de alumnos menor a 40 pode inscribirse outro centro no mesmo horario, sempre que a suma dos dous grupos non supere o número de 40, aproximadamente.

Se o grupo que ocupa un determinado tramo horario pertence a un mesmo centro educativo, atendendo ás vosas peticións relacionadas co transporte, pode superar ese límite e chegar ata 50, límite máximo.

Un mesmo centro educativo non pode inscribir unha segunda quenda de participantes ata o 15 de febreiro

Obxectivos da actividade:

 O obxectivo desta actividade é achegar o estudantado á robótica, un campo de absoluto futuro, e aproveitar a súa "maxia" para promover a cultura científico-tecnolóxica no alumnado galego. A maxia da robótica é un compendio de actividades (obradoiro - concurso) encamiñadas a unha experiencia de aprendizaxe, deseñada para:

  • Familiarizar e explorar o campo da robótica.
  • Potenciar as habilidades creativas e de innovación propias dos adolescentes que gustan aprender da tecnoloxía e especialmente da robótica.

O propósito de amosar aos mozos e mozas a robótica está vinculado ao potencial de este sector para crear e innovar, así como fomentar os desexos naturais por explorar o novo e actual. A robótica brinda a posibilidade de concibir, crear e pór a funcionar obxectos, favorece o desenvolvemento de procesos cognitivos de alto nivel nas persoas que se involucran con estes recursos, así como, a posibilidade de comprender funcionamentos, efectos e comportamentos de situacións reais recreándoas.

Desenvolvemento:

Ao tempo que se pretende que sintan a paixón pola aprendizaxe, os rapaces e rapazas participantes intégranse nun grupo no cal deben compartir obxectivos e realizar un traballo colaborativo para poder resolver os desafíos que se lles propón ao longo da experiencia. Ao remate do obradoiro, de dúas horas de duración, cada grupo terá acadado un número de puntos que lle permitirán optar aos premios do IX Concuro Galego de Robótica.

Para este obradoiro non é necesario ter coñecementos en programación ou en electrónica, pois a electrónica esta integrada nun ladrillo intelixente e a programación realízase nun contorno visual e sinxelo para que os máis pequenos tamén poidan construír e deseñar os seus robots.

Iniciarase cunha fase de obradoiro, dunha hora,  na que se familiarizarán cos robots ea linguaxe da robótica e realizarán a construción, sobre unha montaxe previa, e a programación dun robot móbil cun kit de LEGO NXT ou EV3. Na seguinte hora desenvolverase a fase de concurso.

A continuación reflíctense os premios recibidos polos participantes na edición do 2016. Confirmaremos os desta edición.

PREMIOS

 

Primaria

ESO

Bachillerato

1er Premio

Pack LEGO Educación WeDo 2.0 Bletooth + Actividades. Ref. 9041

Set básico LEGO MINDSTORMS Education EV3. Ref. 45544 +software

Set básico de LEGO MINDSTORMS Education EV3. Ref. 45544 +software

2ºPremio

Pack LEGO Educación WeDo 2.0 Bletooth + Actividades. Ref. 9041

Ladrillo inteligente LEGO MINDSTORMS Education EV3. Ref. 45500

Ladrillo inteligente LEGO MINDSTORMS Education EV3. Ref. 45500

3er Premio

Set LEGO Máquinas Simples Ref. 9689

RASPBERRY PI 2 1Gb STARTER KIT

RASPBERRY PI 2 1Gb STARTER KIT

 

Organiza: IGACIENCIA, colabora a Fundación Barrié