Datos do Congreso O Futuro da Educación

Submitted by admin on Wed, 05/17/2017 - 16:32

ENTIDADE CONVOCANTE: IGACIENCIA                                 

MODALIDADE DE FORMACIÓN.- Congreso.

.Inscríbete
OBXECTIVOS DA ACTIVIDADE.-

-Propiciar o intercambio e coñecemento mutuo entre investigadores e profesores de educación na área dos cambios na Educación provocados polos espectaculares avances tecnolóxicos dos últimos anos.

-Brindar a posibilidade de encontro entre todos os profesores e profesoras de Galicia interesados no ensino  de calquera área  desde o punto de vista das implicacións e cambios que provoca o uso da tecnoloxía educativa nos currículos, e o uso en xeral da tecnoloxía para facilitar o intercambio de ideas e experiencias, así como a presentación e difusión de recursos didácticos.

-Ofrecer un  espazo para coñecer mellor e gozar do mundo da tecnoloxía en xeral con exposicións de diversas experiencias e mostras.

-Ver as posibilidades de uso  da tecnoloxía  nas empresas e na FP.

A actividade está orientada a facilitar a actualización do profesorado de Galicia, difundir as novos vieiros das tecnoloxías e das tecnoloxías da información e comunicación, (cun senso eminentemente práctico de obradoiros) impulsar o desenvolvemento da investigación en educación e en tecnoloxías para a educación, dar a ocasión de coñecer innovacións educativas e difundir distintas liñas para a aprendizaxe e ensinanza das distintas materias da educación.

-Posibilitar a formación de grupos de traballo de interesados nestes temas en toda Galicia.

-Comprobar que facendo, comunicando, deseñando, fabricando, e proxectando apréndese mellor.

-En xeral. poderase dar a coñecer calquera tema de interese para a Educación.

CONTIDOS.-

Os núcleos temáticos, que serán abordados nas ponencias que se detallarán na convocatoria e programa final de man, son, entre outros:

  • App Inventor 2 
  •  Video en Educación
  • EV3 e a robótica
  • Mbot e a robótica.
  • Arduino e a Robótica
  •  O exemplo da Rede Museística Provincial de Lugo
  •  Introdución a  ARDUINO na Educación
  • Novidades sobre Tecnoloxía
  • Robótica Educativa con EV3 e con MBOT
  • Intelixencia Artificial
  • Realidade aumentada para aprender
  • Internet das cousas
  • Raspberry Pi con Python e sensores
  • Estudo experimental de magnitudes físicas mediante análise con Raspberry
  • Phenologit
  • Ensinar por proxectos
  • Blogs en Infantil
  • Novas maneiras de aprender Xeografía en Galicia: O proxecto Novacarta
  • Programas de Ciencia e Matemáticas: SAGE
  • Impresoras 3D e Cortadoras Láser
  • Blogs educativos
  • Motivando para aprender: as afeccións, como o cubo de Rubik

DATAS DE REALIZACIÓN.-

Desenvolverase en xullo de 2017, durante os días 3 e 4  de xullo

HORARIO.-

De 10 a 14 h e de 16 a 20 horas.

 

LOCALIDADE E LUGAR DE REALIZACIÓN.-

Lugar de celebración:

CNTG Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia da Consellería de Traballo e Benestar

Rúa Airas Nunes, s/n - Conxo

15702 - Santiago de Compostela

A Coruña

 

VALORACIÓN EN HORAS DE FORMACIÓN.-

16 horas.

 

NÚMERO DE PRAZAS.-Un máximo de 150 prazas

 

DESTINATARIOS.-

Ten prioridade o Profesorado de Primaria e de Secundaria en activo. Aqueles asistentes que non estean identificados en fprofe poderán ter certificación visada da Consellería, coa condición de ter a titulación adecuada e que non superen o 30% do profesorado rexistrado asistente. Polo que se establecerá a orde de inscrición como segundo criterio a hora de selección e do título.

En todo caso, só poderán solicitar o diploma os asistentes con algún título

A asistencia é gratuita.

.Inscríbete