Nos últimos tempos, e desde diversas autoridades e organismos faise un énfase crecente sobre a importancia do ensino das matemáticas en situacións e contextos preto dos estudantes e do seu medio ambiente de todos os días, non só como unha estratexia motivacional, senón tamén como medida de corrixir a visión tradicional das matemáticas escolares moi formalistas e descontextualizadas.
Así o curso consta de cinco eixes: -
- -O contexto da arte histórica galega, da arte histórica próxima a nós, polo tanto.
- -O contexto etnomatemético totalmente descoñecido de Galicia, das matemáticas para e na arte galega.
- -A Competencia artística e os recursos artísticos, xeométricos e matemáticos da Arte
- -Da competencia matemática a través da Xeometría e da Arte
- -Da competencia dixital a través de programas de software libre como Geogebra
- De todas maneiras pensamos con Mondrian que " When the new plastic artists use mathematics, they may be compared to a Renaissance artist using anatomy. No more can we make a Renaissance work of art by a great deal of anatomical knowledge, than a modern work with a thorough knowledge of mathematics (including the four-dimensional). By mere mathematics we shall never be able to compose a painting- with (the aid of) mathematics, however, we may do very well." Mondrian. É dicir, para nada o centro vai ser as matemáticas que se fan senón como as matemáticas- a maioría, sinxelas-fan entender certos aspectos do mundo artístico e do noso pasado.
- Os temas da Arte a tratar:
- Curvas técnicas (cicloides). Modernismo
- Pontes e fontes.A catenaria en Gaudí e Sant Louis, o logaritmo na torre Eiffel, A parábola nas pontes e nas fontes. A hipérbola nas torres das Pontes, na torre Aspire, na Catedral de Brasilia, etc...
- A perspectiva (Leonardo e Rafael). A perspectiva en diversos cadros clásicos do Renacemento.
- O número de ouro e a arte ( Partenón, Dalí, Notredame)
- Mondrian, Vasarely, Juan Gris (facer e/ou recoñecer un cadro tipo Mondrian coa ventá do número de ouro, facer un cadro Vasarely, facer un cadro tipo Juan Gris)
- Vesica Piscis
- As espirais de Arquímides e a espiral logarítmica na arte galega. Recoñecemento de espirais. A escaleira helicoidal triple do Museo do Pobo Galego en Santiago.
- O triskel, hexasquel, etc... hexapétalas
- Os símbolos de Santa Tegra e Newgrange
- Os rosetóns das igrexas galegas.
- Os símbolos das igrexas do románico galegas. Porque teñen variacións. Ecuacións.
- Petróglifos-O seno e o coseno e a arqueoastronomía celta
- Os arcos nas construcións e igrexas galegas: Tipos de arcos: arco rampante de Fontelonga de Ferrol, etc
- Cruces Galegas. A cruz Kolam.
- Frisos e Mosaicos
- Os mosaicos de Escher
- Medir mapas en Google Maps.
- Introducción aos nós celtas. Nós de Lissajous.
- OpArt
- A cuarta dimensión e o cubismo.
- Compoñer con Geogebra: Cores dinámicas e funcións
O curso terá ademais unha introducción ás competencias e, dentro delas, especificamente, ás tres competencias: matemática, artística e dixital, ademais dunha introducción ao programa Geogebra.
Utilizarase case exclusivamente como ferramenta dixital Geogebra. Ademais de que no curso darase unha introducción ao manexo do programa, hai que ter en conta que Geogebra é un programa o suficientemente intuitivo e sinxelo para que os usuarios se esquezan das dificultades e matemáticas subxacentes, permitindo ir ao grao, a alcanzar a comprensión do papel das matemáticas na arte e na historia, o papel da arte na nosa historia e cultura o papel das ferramentas dixitais para chegar a ter esta triple competencia dixital, matemática e artística.
Prezo 120 euros Horas 80 Prazas Mínimas 20 e máximo 75 Para profesorado de Arte, Historia, Matemáticas.Ciencias, Deseño, e Tecnoloxia e todos aqueles interesados nestes temas. Poderase optar por facer catro cursos ou algún deles de 20 horas.
Solicitarase a homologación por parte da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia
- Log in to post comments