V Concurso Galego de Robótica
Do 25 de febreiro ao 1 de marzo de 2013
A Coruña
Para completar a viaxe a Coruña para participar no V Concurso -Obradoiro, visita gratuitamente do 25 ao 28 de febreiro os Museos científicos coruñeses
Inscribirse
Modalidades: Primaria, ESO e Bacharelato-FP e libre
Mira antes os xa inscritos no V Concurso Galego de Robótica e tamén comproba aí a túa inscrición posterior
Bases
" A maxia da robótica" ten un aliciente a maiores, xa que simultaneamente, os grupos participantes optarán aos premios do concurso galego de robótica, a través dos proxectos que realicen no obradoiro.
Modalidades:
Participando no obradoiro a Maxia da Robótica: Categorías
A)-Primaria (5º e 6º) e 1º da ESO
B)-2º, 3º e 4º de ESO e
C)-Bacharelato ou FP da mesma idade
Cada grupo participante estará constituído por 4 ou 5 membros. Do 25 de febreiro ao 1 de marzo de 2013
Modalidade concurso libre:
Unha única categoría para os dez primeiros grupos inscritos (4 ou 5 membros) na web.
Data de celebración o día 2 de marzo, sábado, das 11 ás 12 horas. Un premio de 150 euros.
Inscrición: a través do formulario facendo constar o día 2.
Na primeira das modalidades:
Premios: Tres premios en cada categoría de 150, 100 e 50 euros.
O concurso libre non terá este ano un premio de 150 euros.
Destinatarios: Os centros educativos dos grupos gañadores. Cada centro só pode levar un premio.
A decisión do xurado é inapelable e os premios poden quedar desertos, a xuízo do xurado.
Entre os criterios de valoración figurarán aspectos como: número de probas realizadas e a súa dificultade; organización e funcionamento do equipo, e presentación dos resultados do traballo realizado.
Día 2 de marzo, ás 12 horas, na Fundación Barrié de Coruña, entrega dos premios
Antes de inscribirte, para poder guiarte na data e hora, mira os xa inscritos no V Concurso Galego de Robótica ou mira os HORARIOS PROVISIONAIS
- Log in to post comments