Converxencias Arte e Ciencia na Coruña

Enviado por admin o Mar, 12/03/2019 - 13:04

Converxencias arte e ciencia. Visitas escolares á exposición e taller

A exposición "Converxencias, arte e ciencia", organizada pola Institución Galega de Ciencia (IGACIENCIA) e o Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, enmárcase dentro das actividades de difusión da ciencia e da cultura científica na sociedade, para mostrar as sinerxias e vínculos entre a arte e a ciencia, propiciar a comprensión do método científico, a resolución de problemas, o espírito crítico e o interese social pola ciencia e a innovación como base do progreso.

A quen vai dirixido?:

Alumnado de ESO, BACH e FP do Concello da Coruña e de toda Galicia.

Está aberta a inscrición a outros centros educativos de Galicia.

Tamén existe a posibilidade de adaptar a sesión para 5º e 6º de EP, a Escola de Arte e a Universidade da Coruña.

Prezo / Custo:

Gratuíto.

O servizo de transporte para os centros educativos públicos do municipio da Coruña correrá a cargo do Servizo Municipal de Educación.

Obxecto:

O obxectivo fundamental dos talleres-exposición é ilustrar e profundar no diálogo entre a ciencia, a arte e a tecnoloxía, primando en todo momento a compoñente didáctica e divulgativa para achegarse ao público xeral e, especialmente, á mocidade. Trátase dunha proposta que propicia o tratamento STEAM nas aulas (ciencia, tecnoloxía, enxeñería, arte e matemáticas). Unha maneira de traballar a ciencia e a arte en proxectos conxuntos, que impliquen ambos os polos.

Desenvolverase no Centro Ágora, no lugar da Gramela, 17, 15010, A Coruña.

Na exposición preténdese explorar esa interacción dinámica das conexións entre a arte e a ciencia, para establecer visións integradas e integradoras, para iso selecciónanse obras e autores representativos de distintos movementos artísticos ao longo do tempo.

A viaxe iníciase na arte celta e céntrase especialmente en movementos artísticos dos últimos séculos e remata con obras de arte dixital 3D recentemente expostas en congresos internacionais.

A exposición implicitamente denota taller-exposición, coa seguinte estrutura:

• Presentación animada sobre o método compositivo e o uso da cor por Juan Gris.

• Parte expositiva:

- paneis interpretativos que poñen de manifesto as conexións coa ciencia das distintas obras obxecto de análise.

- obras de arte dixital impresas en 3D

• Talleres para implementar a parte expositiva. En función das características do grupo, desenvolveranse algúns dos seguintes talleres:

- teselar con polígonos

- xogando co polidrón

-creando e interpretando mosaicos: xogo da Alhambra, tipo Escher, de Penrose...

- tramas e ilusións ópticas

- espirais de Fibonacci

- banda de Möebius

Cando:

Dende o 17/01/2020 ata o 24/01/2020

17 de xaneiro de 2020: Inauguración e posterior presentación animada de Juan Gris seguida de visita abreviada especialmente para o profesorado e para o público xeral.

Do 20 ao 24 de xaneiro: visitas e talleres para os centros educativos de 2 horas de duración, en horario de 9.00 a 11.00 h, de 10.45 a 12.45 h e de 12.30 a 14.30 h.

Do 18 ao 23 de xaneiro: parte expositiva aberta ao público en xeral, en horario de 15.00 a 21.00 h.

Inscricións:

Dende o 09/12/2019 ata o 10/01/2020

A través do formulario de inscrición que figura despois do calendario

Prazo de inscrición: desde o 9, ás 17:00, ata o 16 de decembro para os centros educativos do concello da Coruña, un grupo por centro.

E, no caso de que queden prazas libres, do 17 de decembro de 2019 ao 10 de xaneiro de 2020 para os centros educativos doutros concellos, un grupo por centro.

De ter posibilidade, os centros de calquera municipio, poderán inscribir un segundo grupo do 11 ao 15 de xaneiro.

Contacto:

IGACIENCIA

Inés Ben

secretaria@igaciencia.org

Servizo Municipal de Educación

Tel. 981 184 200

educacion@coruna.es

Requisitos:

Preferiblemente grupos de ata 40 alumnos/as, máximo 50 por sesión.

É conveniente que o profesorado asista á inauguración e á visita abreviada, para orientar a visita e os contidos do taller en función das características e intereses do grupo.

En caso de dúbida, establecer contacto a través de secretaria@igaciencia.org

Organizador:

IGACIENCIA http://www.igaciencia.eu

Programa financiado polo Concello da Coruña

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Inscrición: Faise nesta mesma entrada cubrindo o formulario. A orde de inscrición guiará o calendario que poñeremos aquí. Máis información e detalles neste pdf. A inscricion comeza as 17 horas do día 9-12.

CONVERXENCIAS ARTE E CIENCIA 2020 A Coruña

Calendario  Visitas concertadas centros educativos

               Data

Horario

20 xaneiro

21 xaneiro

22 xaneiro

23 xaneiro

24 xaneiro

9:00 -11:00

IES Plurilingüe Adormideras. 45. 3ºESO

IES de Elviña

30 3º ESO

CPR Plurilingüe Salesianos San Juan Bosco. 50. 3º ESO 

IES de Elviña. 30.

3º ESO

IES Salvador de Madariaga. 15+29. 4º ESO

10:45-12:45

IES Rego da Trabe

50 1º BACH

IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas

25 1º BACH

Ceip Ramón de la Sagra

50-6º de Prim

IES Eusebio da Guarda. 50. 1º BAC.Debuxo artístico e técnico

IES Ramón Menéndez Pidal

50 4º ESO

12:30-14:30 ou

12:00-14:00

Ceip Raquel Camacho.

50.5ºA e 5º B

IES Camilo José Cela

50. 3º ESO

 

 

IES Puga Ramón

 3º ESO

 

Data preferida
Luns
Martes
mércores
xoves
Venres
Hora preferida
Exemplos
5º e 6º
2º ESO,3ºESO, 4ºESO, 1º Bach
1º BAC    E  4º ESO
FP de grao Medio
Taxonomía