Se chegaches aquí para a convocatoria de 2022, por favor pincha aquí, en http://www.igaciencia.eu/node/391
XI Obradoiro e Concurso Galego de Robótica. A Maxia da Robótica
A maxia da robótica. Taller e concurso galego de robótica
Trátase dun obradoiro de programación e robótica onde se adquire a formación precisa para resolver os desafíos da fase de concurso. Os conceptos computacionais utilízanse para enfocar e resolver problemas, comunicarnos e saber como darlle ordes a un robot e xestionar múltiples aspectos da vida cotiá nun futuro xa presente.
Dada a situación de pandemia realizarase no propio centro educativo por streaming youtube con aclaracións de dúbidas por videoconferencia jitsi e o concurso con videoconferencia jitsi
A quen vai dirixido?:
Alumnado dos seguintes niveis e categorías:
- 5º e 6º de EP e 1º ESO, 2º e 3º de ESO
- 4º de ESO e BACH e FP de grao medio
Localización do centro participante: de calquera concello
Titularidade do centro: Público, Concertado, Privado
Cando: dende o 23/11/2020 ata o 27/11/2020
Horario: de 9 a 14 horas para o concurso e 17 a 19 horas para as dúbidas do obradoiro (o día anterior a cada mañá de concurso, agás os do luns que será o venres anterior)
En sesións de concurso de 1 hora 9-10,10-11,11-12,12-13 e 13-14. Cada sesión unicamente con 10 alumnos en 10 postos. Os postos poden ser do centro educativo ou cada alumno levar o seu portátil ao centro para o concurso. Utilizarase o programa EV3 que se debe descargar previamente desde aquí. Como este ano non poden participar clases enteiras preferiremos que os inscritos non partan de cero: que teñan participado en anos anteriores ou ben xa teñan nocións de EV3, ou ben estean dispostos a practicar previamente, antes do concurso, xa que este ano pedimos máis implicación aos participantes.
Prezo / Custo: Gratuíto.
Obxecto:
Aprender de modo lúdico e en 2 horas os conceptos básicos e rudimentos da programación de robótica e resolver unha pequena colección de problemas de robótica do concurso. O enfoque é ver a programación como unha habilidade que calquera pode adquirir, sen importar a idade, nin a formación previa.
Ademais preténdese que o alumnado sinta a paixón pola aprendizaxe, a de integrarse nun grupo no cal deben compartir obxectivos e realizar un traballo colaborativo para poder resolver os desafíos que se lles propón ao longo da experiencia. Ofréceselle ao alumnado a oportunidade de desenvolver a creatividade, o pensamento algorítmico e a habilidade para solucionar problemas.
Taller-exposición
Cada grupo comeza o seu percorrido, nas fases de presentación e obradoiro, cunha presentación e familiarización coa linguaxe icónica de programación EV3, un sistema de programación baseado en Labview, o estándar en control.
Fase de presentación e Obradoiro.- Estas dúas fases estarán en vídeo nunha canle de youtube e poderán visualizarse desde o centro, ou desde a casa, a partir do día 19 de novembro. Sobre as dúbidas do tratado no vídeo, terán a posibilidade de realizar consultas, durante 2 horas por videoconferencia jitsi, das 17 ás 19 h do día anterior ao seu día de concurso; para iso facilitaráselle ao profesorado as claves pertinentes o día anterior á sesión de consultas.
Fase de concurso .- Por último, o día e hora asignados no calendario, entregaránselles unha serie de desafíos de dificultade progresiva que deben resolver podendo facer preguntas aos monitores/as, que os estará visualizando e seguindo a través da videocámara e pantalla do ordenador de cada alumno/a. As tarefas implicarán unha programación sinxela dun robot EV3.
Por cada desafío realizado correctamente, asignaráselles unha puntuación predeterminada que, unha vez sumada, determinará o seu posto na clasificación final do concurso.
O Concello da Coruña concede dous premios de material por valor de 300 euros aos dous centros do concello que acaden a mellor puntuación. Cada centro só pode recibir un premio.
Para os centros de fóra do concello da Coruña, Igaciencia concederá un equipo Lego NXT (válido para programar con EV3) para aquel que acade a mellor puntuación.
Requisitos:
Os centros ou os alumnos e alumnas deberán ter ordenadores ou portátiles con cámara para as videoconferencias e a consulta de dúbidas, esta dotación será simprescindible para a fase de concurso.
Ofértase a preto de 25 centros 10 postos do concurso.
Recursos humanos: Monitores/as especializados/as
Actividade desenvolvida en colaboración co Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña.
Contacto:
IGACIENCIA, Inés Ben secretaria@igaciencia.org Servizo Municipal de Educación, Tel.: 981 184 200 ext. 12038
Inscricións:
A través da ficha de inscrición que figura a continuación e de acordo cos seguintes prazos.
Prazo de inscrición: do 8 ao 31 de outubro de 2020
- Do 8 ao 18: para os centros do Concello da Coruña e 5 grupos por centro como máximo
- Do 19 ao 30: para os centros de fóra do Concello da Coruña e 2 grupo por centro como máximo.
- Do 1 de novembro ao 12: se quedan prazas libres, inscrición para todos os centros sin límite de grupos.
Antes de realizar a inscrición é conveniente que lembres que:
Cómpre mirar antes de cubrir o formulario o CALENDARIO PROVISIONAL que se irá cumplimentando paulatinamente, de maneira case inmediata os dous primeiros días. Posteriormente débese comprobar se o centro aparece no calendario pois esa é a confirmación de que a inscrición se realizou con éxito. A páxina co calendario resultado da inscrición está en http://igaciencia.eu/node/349
Dada a novidade da situación, que esixe unha adaptación de medios e recursos por parte dos centros educativos, revisarase o día 30 de outubro a resposta dos centros, para ver se é preciso adaptar o calendario.