Converxencias arte e ciencia: Escher

Enviado por admin o Mér, 12/14/2022 - 16:10

Concello da CoruñaConverxencias arte e ciencia: Escher

A exposición "Converxencias, arte e ciencia: Escher", organizada pola Institución Galega de Ciencia (IGACIENCIA) e o Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, enmárcase dentro do proxecto que se vén desenvolvendo de actividades de difusión da ciencia e da cultura científica na sociedade, especialmente para mostrar as sinerxías e vínculos entre a arte e a ciencia.

Unha exposición interactiva que permite unha aproximación lúdica aos fenómenos científicos coa finalidade de enganchar á xente nova no gusto pola ciencia, ao tempo que se pretende contribuír a:

  • Fomentar na xente nova unha relación, distinta da habitual, co coñecemento, para propiciar o seu desenvolvemento harmonioso e integral. Romper os límites disciplinares e potenciar a integración da ciencia con outras áreas de coñecemento, propiciar o tratamento STEAM nas aulas (ciencia, tecnoloxía, enxeñería, arte e matemáticas).
  • Analizar as semellanzas e diferenzas na construción do coñecemento nas artes e na ciencia.  Explorar e visualizar conceptos matemáticos a través da arte.  Recoñecer o papel das matemáticas, especialmente da xeometría, na base dalgunhas propostas artísticas e na arquitectura contemporáneas.
  • Aprender a gozar coa beleza da arte e da ciencia; aprender a mirar e interpretar a realidade a través da arte e da ciencia.

Descrición e características da actividade

O núcleo central é a obra de Maurits Cornelis Escher (1898-1972), especialmente a realizada a partir de 1937.

Escher é un dos artistas contemporáneos máis recoñecido e encomiado pola comunidade científica internacional, que considera a súa obra como un símbolo da relación entre a arte e a ciencia. 

Unha icona universal apaixonada polo coñecemento que utilizou as matemáticas, a astronomía, a óptica, a  cristalografía e a xeometría nas súas creacións artísticas.

Imaxina debuxos con auga que sobe cara arriba, escaleiras que non teñen fin, réptiles que se arrastran formando círculos viciosos entre obxectos dun escritorio, que escapan do papel no que están debuxados para volver aparecer máis tarde, mans que saen dun fragmento de papel e debúxanse a si mesmas... Á maioría dos mortais cústanos imaxinar estas situacións, polo que debuxalas de maneira que sexan cribles antóllasenos farto complicado.

Os mundos paralelos, a metamorfose espazo-tempo, a procura do infinito no plano, as construcións imposibles... iso e máis forma parte do universo de Escher que se mostra e que se ve reflectido nas súas propias verbas:

Debuxar é enganar.  O meu traballo é un xogo... Un xogo moi serio.  Só quen tenten o absurdo lograrán o imposible…

Elementos que dan soporte á actividade:

-Presentación con animacións que enmarca e expón paso a paso como se chega, a partir duns determinados elementos, á produción final que se mostra nas reproducións da obra de Escher.

-Láminas que permiten admirar as obras mestras de Escher, as máis coñecidas e enigmáticas, que dan conta da súa  capacidade de xerar imaxes con impresionantes efectos de ilusións ópticas.  

-Obradoiros, conformados por unha serie de postos nos que se manipulan diversos materiais para translucir as ideas que inspiraron ao artista en cada unha das láminas que se elixen como base, ao tempo que se favorece a comprensión e construción dos conceptos matemáticos correspondentes: 

• Teselar con polígonos.  Xogando co polidrón

• Crear e interpretar mosaicos: descifrando o código, xogando coa xeometría. Xogo da Alhambra, pavimentacións tipo Escher, de Penrose...

• Tramas e ilusións ópticas

• Banda de Möebius

• Construción de caleidociclos. Arte en movemento.

• Elaboración de caixas con mosaicos de Escher

Actividades de lapis e papel que axudan a “mirar” a obra de arte e a relacionala coas matemáticas.

• Programas informáticos, entre eles o denominado 17 grupos de simetría (creado por Manuel Díaz Regueiro), que permiten penetrar no mundo das pavimentacións e grupos de simetría planos, comprendelos e favorecer a creatividade.

- Obras de arte dixital impresas en 3D, que permiten mostrar os vieiros polos que camiña a arte na actualidade. Son obras seleccionadas para a exposición simultánea aos congresos internacionais de Arte e Matemáticas, Bridges.

-A publicación Escher e Matemáticas. Diálogo entre ciencia e arte, en tanto que complemento da exposición, pretende contribuír a un maior aproveitamento e goce da obra de Escher. Será entregado un exemplar a cada grupo participante.

A quen vai dirixido?:

Alumnado de ESO, BACH e FP do Concello da Coruña e de toda Galicia.

Está aberta a inscrición a outros centros educativos de Galicia.

Tamén existe a posibilidade de adaptar a sesión para a Escola de Arte e a Universidade da Coruña.

Prezo / Custo:

Gratuíto.

Lugar:

Desenvolverase no Centro Ágora, no lugar da Gramela, 17, 15010, A Coruña.

Cando:

Dende o 23/01/2023 ata o 27 /01/2023

Visitas e obradoiros para os centros educativos de 2 horas de duración, en horario de 9 a 11, de 10:45 a 12:45 e de 12:30 a 14:30 h.

Parte expositiva aberta ao público en xeral, en horario de 15 a 21 h.

Inscricións:

Dende o 16/12/2022 ata o 19/01/2023, a  través do formulario de inscrición que figura despois do calendario

Prazo de inscrición para os centros educativos do concello da Coruña, un grupo por centro: desde o 16/12/2022, ás 10 h, ata o 11/01/2023, ás 14 h.

Prazo de inscrición para os centros educativos doutros concellos, un grupo por centro: 12/01/2023, ás 10 h, ao 18/01/2023, ás 14 h.

De ter posibilidade, os centros de calquera municipio, poderán inscribir un segundo grupo do 18/01/2023, ás 10 h, ao 19/01/2023, ás 24 h.

Contacto:

IGACIENCIA

Inés Ben

secretaria@igaciencia.org

Servizo Municipal de Educación

Tel. 981 184 200 ext. 12041

educacion@coruna.es

Requisitos:

Grupos de ata 40 alumnos/as máximo por sesión, que se desdobrarán en 2 grupos de 20 na parte expositiva e de obradoiros. En todo caso, o número adaptarase á normativa sanitaria do momento.

En caso de dúbida, establecer contacto a través de secretaria@igaciencia.org

Organizador:

IGACIENCIA http://www.igaciencia.eu

Programa financiado polo Concello da Coruña

Enderezo:

Centro Sociocultural ÁgoraLugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Inscrición: Faise nesta mesma entrada cubrindo o formulario. A orde de inscrición guiará o calendario que poñeremos aquí. Posteriormente débese comprobar se o centro aparece no calendario, pois esa é a confirmación de que a inscrición se realizou con éxito.

Pregamos que os centros do concello da Coruña ocupen preferentemente o horario de 9 a 11 h.

Converxencias Arte e Ciencia: Escher. Xaneiro 2023

DATA

HORARIO

Luns, 23

Martes, 24

Mércores, 25

Xoves, 26

Venres, 27

9:00 a 11:00

Horario: 9 a 11

 IES Menéndez Pidal.

A Coruña. 4º ESO

Horrario: 9:30 a 11

IES Urbano Lugrís. A Coruña

30, 15-1FPB e 15-2 Bach

Horario: 9 a 11

IES Plurilingüe Rafael Dieste.

A Coruña. 40, 4º ESO, 1 e 2 Bach

 Horario: 9 a 11

CPR Plurilingüe Salesianos.

A  Coruña. 38, 4º ESO

 Horario: 9:15 a 11:15

IES de Carral 40 de 4º ESO

10:45 a 12:45

IES O Mosteirón de Sada

39 1º ESO

IES Eusebio da Guarda.

A Coruña. 40 Bacharelato

Colexio Pl. Compañía de María.

A Coruña. 40, 1º Bach

IES Camilo José Cela. Padrón

40, 2º ESO

IES Manuel Murguía de Arteixo

40 4º ESO

12:30 a 14:30

IES Rafael Puga Ramón.

A Coruña. 36, 3º ESO

 

IES Ricardo Carbalho Calero

de Ferrol, 25 de 4º da ESO

IES Eusebio da Guarda. A Coruña

2º ESO

 

IES Nosa Señora dos Ollos Grandes,

Lugo, 40 4º ESO

IES Plurilingüe Elviña. A Coruña

16, 4º  ESO

IES María Casares. Oleiros 25 1º ESO

IES Lucus Augusti de Lugo,

40, 1e 2º de Bach

Taxonomía