Iremos poñendo aquí, proximamente, as propostas de relatores e relatoras destas videoconferencias, que se realizarán en novembro de 2024, sobre a temática de Astronomía.
Se queredes inscribir xa ao voso centro, ser dos primeiros en facelo, ou poñer a o voso centro como creador da videoconferencia, ou mesmo realizar unha persoal, podedes ir inscribíndovos para que poidamos poñernos en contacto con vós, e organizar a infraestrutura necesaria para as emisións.
Subscríbete á canle de Igaciencia
Está aberto o prazo de inscrición, que finalizará unha semana antes da data de emisión de cada conferencia. A partir dese momento os enlaces teredes que consultalos aquí, neste lugar.
Augusto Pérez Alberti: https://youtube.com/live/QV7L_HNgJ5s?feature=share
Begoña Vila Costas: https://www.youtube.com/watch?v=pdfUg_A4mjU 1ª parte
Begoña Vila Costas: https://www.youtube.com/live/-xml-_UWnJI 2ª parte
Ana María Ulla: https://youtube.com/live/-MfDKA1T_S4?feature=share
En resumo, nesta ligazón https://www.youtube.com/@igaciencia1/streams
Co patrocinio da Xunta de Galicia.
Relatores e Relatoras:
Begoña Vila Costas, Dra en Astrofísica, Enxeñeira Xefe de Sistemas no centro da NASA GSFC, segundo o Faro de Vigo "A muller que ilumina o Universo" Título “O Universo e a exploración espacial”. Día 19 de novembro ás 12 h.
Un breve resumo: A observación do Universo avanzou moito desde as primeiras observacións co telescopio de Galileo Galilei. Agora sabemos doutras galaxias, outras estrelas e outros planetas arredor delas pero aínda temos un montón que non sabemos: como se formaron as primeiras galaxias e estrelas e como evolucionaron para formar aquela na que vivimos?; como se formou un planeta como o noso e pode haber outro con auga e vida?; que pode ser a materia escura e a enerxía escura? Os novos telescopios espaciais como o James Webb, o Nancy Grace Roman e o Telescopio de Mundos Habitables e outros que exploran o noso Sistema solar buscan os datos que nos poden axudar a atopar as respostas.
Begoña é a James Webb Space Telescope Fine Guidance Sensor Systems Lead e a Nancy Grace Roman Space Telescope Systems Engineer
Augusto Pérez Alberti, Catedrático de Xeografía Física Ad Honorem (USC). Investigador independente. Día 12 de novembro ás 12h.
Título: "O cambiante planeta Terra" Resumo: Escoitando ou lendo os medios de comunicación dá a impresión de que o clima comezou a mudar vai uns anos. Semella que as temperaturas, precipitacións ou os ventos sempre foron os mesmos; que vivíamos nun escenario estático e eterno no que nunca mudaba nada; que cada día chovía uns mm ou non; que a temperatura non pasaba dunha cifra exacta nin que, a consecuencia diso, os ríos e o mar sempre tiñan o mesmo nivel.
Pois non, o clima mudou sempre e seguirá a mudar. Máis alá do que pensen uns ou outros, o clima é cambio, mudanza. Outra cousa é que o impacto humano, moito mais recente que o Planeta Terra, adquirira nos derradeiros séculos un papel fundamental nas mudanzas climáticas; esa é outra historia.
Mais, a cantidade de auga que hai no planeta non mudou; nin temos unha billa pola que entra auga e unha tubaxe pola que saia. Non. A cantidade de auga existente sempre é a mesma: o que muda é o seu estado. Unha vez está convertida en xeo, e os glaciares dominan o planeta; outra en auga líquida e sube o nivel do mar.
Ao longo da charla voume centrar en falar das mudanzas das que temos constancia ao longo do tempo xeolóxico; no Cenozoico, Cuaternario e no Holoceno e das pegadas que se poden ollar hoxe en día en Galicia.
Ana María Ulla Miguel, catedrática de Astrofísica da UVigo, Dia 26 de Novembro ás 12h. "Non hai estrelas sen noite escura"
Resumo: O ceo é a nosa ventá ao universo, e a todo o coñecemento que da súa observación pódese derivar. De día, o Sol permítenos facer astronomía diúrna, e de noite as estrelas, galaxias, planetas e restantes corpos celestes achégannos aos confíns do universo mesmo. Nesta charla repasaremos algúns avances recentes en astronomía e astrofísica, no contexto adverso que a contaminación luminosa supón, tanto para a observación astronómica como para a saúde e o medio ambiente.
A duración de cada conferencia estímase entre 1h mínimo e 1:30 h máximo, dependendo do número de preguntas que fagan os asistentes a través do chat