Videoconferencias do Mes da Ciencia en Galego 2023

Enviado por admin o Sáb, 09/16/2023 - 17:58

Despois do éxito das Videoconferencias promovidas por Igaciencia polo Mes da Ciencia en Galego 2020, 2021, e 2022 que superaron cada ano os 8000 espectadores, dos centros educativos e público en xeral, estamos obrigados a repetir o esforzo no 2023, cunha serie de videoconferencias dirixidas aos centros educativos galegos, especialmente aos de secundaria.

Se queredes inscribir xa ao voso centro, ser dos primeiros en facelo, ou  poñer a o voso centro como creador da videoconferencia ou mesmo realizar unha persoal vosa, podedes ir inscribíndovos para que poidamos poñernos en contacto con vós, e  organizar a infraestrutura necesaria para as emisións.

Subscríbete á canle de Igaciencia

Está aberto o prazo de inscrición, que finalizará unha semana antes da data de emisión de cada conferencia.

Co patrocinio da Xunta de Galicia, os titulos e relatores confirmados son:

Dr. Diego Martínez Santos, Axencia Galega de Innovación en Santiago de Compostela. Premio 2013 da Sociedade Europea de Física ao mellor físico xove de Europa.  Día 3 de novembro ás 12:00. 

Título: A Física de partículas no século XXI.   Enlace á videoconferencia

Temática: Introdución á Física de Partículas no século XXI, facendo certo énfase no CERN e o descubrimento do bosón de Higgs no LHC. Inclúe unha breve introdución á teoría da relatividade e á mecánica cuántica. A charla remata cunha breve descrición das limitacións e desafíos da física de partículas actual.

Dr. Fco. Javier De Toro Santos, Xefe de Servizo de Reumatoloxía do CHUAC, Vicepresidente do colexio de Médicos da provincia da Coruña. Día 17 de novembro ás 12:00.  

Título: Historia de vocación dun médico reumatólogo.  Enlace á videoconferencia

Temática: - o reuma non existe. - a importancia da investigación en reumatoloxía. - como é a aprendizaxe dos médicos? - A importancia dos colexios médicos e a súa función na sociedade:  proxecto "dálle ao teu corpo vida macarena" (coñecemento da RCP) e "Risco cero" (evitar embarazos non desexados, infeccions trasnmisión sexuais e desenvolver relacións sexuais sanas).

Dra. Mónica Cartelle Gestal, profesora de Microbioloxía e Inmunoloxía na Universidade de Louisiana, en Estados Unidos. Día 24 de novembro ás 12:30.

Título: A complexidade escondida no miúdo. Enlace á videoconferencia

Temática: Nesta charla o propósito e mostrar a complexidade da vida. Encomezando coa miña traxectoria como investigadora e as andanzas que me axudaron a conseguir realizar o meu soño de converterme en investigadora. Seguiremos falando da complexidade dos microorganismos. Aínda que parecen simples, canto mas avanza a tecnoloxía, encomezamos a entender que a complexidade destes organismos microscópicos é inmensa. Para máis inri, cando intentamos comprender como os microorganismos causan infección as cousas póñense mais complexas. Ao final da charla, a idea é que comecedes a cuestionar os diferentes aspectos da complexidade da bioloxía e da vida.

Hai que estar subscrito para poder facer preguntas a través do chat durante a emisión.

A canle de igaciencia youtube.com/@igaciencia1 ou ben https://youtube.com/c/igaciencia1

Inscríbete no formulario que vén a continuación: