Converxencias Arte e Ciencia en xaneiro no Ágora en Coruña

Enviado por admin o Mér, 09/20/2017 - 16:32

Inscríbete aquí

Actividade de Igaciencia coa colaboración do Concello de A Coruña Converxencia Arte e Ciencia que explica a concelleira Silvia Cameán así:

Converxencias Arte e Ciencia

A concelleira tamén salientou, entre as novidades da oferta para os e as estudantes de centros públicos, o programa Converxencias Arte e Ciencia, baseado en exposicións e talleres producidos e organizados polo colectivo Igaciencia. "Neste caso, o obxectivo fundamental da exposición é ilustrar e profundar no diálogo entre a ciencia, a arte e a tecnoloxía. Para explorar esa interacción dinámica seleccionarase obras e autores representativos de distintos movementos artísticos ao longo do tempo, iniciando a viaxe na arte castrexa e rematando con obras de arte dixital 3D", indicou a edil. Neste caso, desenvolveranse do 15 ao 19 de xaneiro de 2018, no Ágora, e estará dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Primaria, ESO, Bacharelato, FP e Escola de Arte Superior e Deseño.

En La Opinión:

El Concello estrena programas de refuerzo escolar y divulgación de Arte y Ciencia

Etiquetas