Apúntate ás videoconferencias do mes da Ciencia en Galego

Submitted by admin on Dom, 10/18/2020 - 17:26

Convidamos aos centros educativos a asistir ás primeiras videoconferencias deste tipo:

-Conferencia de Sonia Villapol Salgado Só a ciencia nos rescatará da pandemia. Día 16 de novembro de 12:45 a 14 h

Coñecer o coronavirus para vencelo.  Nos derradeiros meses atopámonos inmersos nunha pandemia e todo cambiou de súpeto. En todo o mundo o novo coronavirus que causa a famosa enfermidade do coronavirus do 2019 (COVID-19) expándese apagando vidas. O SARS-CoV-2 chegou sen moito aviso e levamos aprendendo pouco a pouco como se transmite, como infecta e como podemos controlalo ou eliminalo. As vacinas son a única ferramenta para unha inmunidade colectiva e mentres agardamos por elas temos que aprender protexernos, e especialmente ás persoas máis vulnerables. Só coa investigación científica vamos a saír desta, todos e todas a unha. Nunca antes se fixeran tantos avances científicos contra unha enfermidade en tan pouco tempo. Hai que seguir a traballar ata dar cos mellores tratamentos e vacinas eficaces e seguras, polo que debemos de estar fachendosos que unha vez máis, a ciencia será quen nos rescate.

Investigadora no Centro Médico de Texas (Houston, EE.UU.), forma parte do equipo de investigación internacional da covid-19,  https://www.villapol-lab.com/

Sonia Villapol Salgado desde a Universidade de Texas en Houston
Tanto pola súa traxectoria, como pola temática sobre a que versará a conferencia (covid19), como por ser galega  e muller, seguro que merecerá a pena seguila. Falará desde Houston.

Como o noso interese é o de chegar ao maior número de centros posible farase un webinar a través da Consellería. Enviarase información a todos os centros educativos da ESO e Bach para que, aqueles que os consideren oportuno, se sumen á actividade.

A continuación detallamos varias conferencias nas que podes inscribirte xa directamente no formulario que segue. Para participar darémosche a clave para entrar e mesmo facer algún tipo de pregunta pola túa parte ou dos teus alumnos e alumnas.

 

Videoconferencia
Veremos o XeoClip para falar do proceso creativo da vídeo produción dun proxecto científico. Falando dos pasos, a busca bibliográfica, o formato
Todo o Instituto prepara a videoconferencia. Suponse abraiante. Non podes esquecela.
As que veñen a continuación son só para a provincia de Lugo
Exemplos
5º e 6º
2º ESO,3ºESO, 4ºESO, 1º Bach
1º BAC    E  4º ESO
FP de grao Medio
Taxonomía