Visitas Arte e Ciencia

Submitted by admin on Sat, 11/22/2014 - 16:32
Centros arte
Centros2

O noso agradecemento a todos os visitantes, especialmente aos que nos acompañaron na inauguración e, sobre todo, ao profesorado que reiteradamente deposita a súa confianza en nós, en que as actividades que brindamos merecen incluso facer unha viaxe de moitos quilómetros  para asistir a elas en exclusiva.

Balance da  concorrencia á exposición Arte e Ciencia:

O número de asistentes superou as 500 persoas.

Só na semana de visitas guiadas, acadouse un participación ao redor de 450 persoas,  entre alumnado, profesorado do ensino Primario, Secundario e das facultades de Física e Química.