Ciencia en Galego

Concurso Galego de Vídeos Científicos (incluíndo Novos Poliedros)

Submitted by admin on Sat, 09/27/2025 - 18:35

Un dos concursos que propuxemos o ano pasado foi o de Vídeos científicos sobre Astronomía, https://igaciencia.eu/gl/node/439. Nesa ligazón podedes ver propostas que vos poden dar ideas e servir de modelo sobre o tipo de experimentos e vídeos científicos que esperamos recibir (agás os que xa se fixeron na convocatoria dese ano).

Videoconferencias do mes da Ciencia en Galego (novembro 2025)

Submitted by admin on Wed, 09/24/2025 - 21:14

Entre as actividades programadas para esta celebración destacamos:
-Emisión de Videoconferencias realizadas co patrocinio da Xunta de Galicia.

A continuación, figura o programa, que xira sobre as temáticas do Ano Internacional da Física Cuántica, sobre o Ano Internacional da Preservación dos Glaciares  e da Xenómica.
 

Dra. Marta Vila Taboada.
Departamento de Bioloxía. Facultade de Ciencias. UdC.
Data: 6 de novembro, xoves, ás 11 h.

Apuntádevos ás ideas de vídeos e textos de Astronomía

Submitted by admin on Wed, 10/09/2024 - 22:55

Que vos parece facer un pequeno vídeo en galego explicando algún dos seguintes exercicios sobre Astronomía?

1.       Número de átomos do Sol. Como exemplo unha solución a tedes no vídeo https://www.youtube.com/watch?v=N3XrKKkbdD8 ou no vídeo https://www.youtube.com/watch?v=QTOkXT8CNrI. 

2.       Que pasa se deixas caer un vaso grande de plástico con 2 buratos preto da base, e cheo de auga en 2 casos a)tapando os buratos cos dedos antes de soltar o vaso b)sen tapalos cando se solta. Porqué? 

Videoconferencias do mes da Ciencia en Galego (novembro 2024)

Submitted by admin on Tue, 09/10/2024 - 13:59

Iremos poñendo aquí, proximamente, as propostas de relatores e relatoras destas videoconferencias, que se realizarán en novembro de 2024, sobre a temática de Astronomía.

Se queredes inscribir xa ao voso centro, ser dos primeiros en facelo, ou  poñer a o voso centro como creador da videoconferencia, ou mesmo realizar unha persoal, podedes ir inscribíndovos para que poidamos poñernos en contacto con vós, e  organizar a infraestrutura necesaria para as emisións.