Videoconferencias do mes da Ciencia en Galego (novembro 2026)

Enviado por admin o

Entre as actividades programadas para esta celebración destacamos:
-Emisión de Videoconferencias realizadas co patrocinio da Xunta de Galicia.

A continuación, figurará o programa, que xira sobre as temáticas do Ano Internacional da Agricultura
 

Dr. Francisco Díaz-Fierros Viqueira
Data: 4-11-26 as 12h.

Título: Auga para  todos. A seca que non cesa

Resumo: Planeta azul
Auga salgada/auga doce
Auga renovable: O ciclo da auga
As córes da auga: verde e azul
Augas “grises”: a contaminación
Auga dispoñible
As contas da auga galega
Auga para todos?
Reparto da auga: no espacio
Reparto da auga: no tempo
Extremos hídricos: cheas e secas
Tipos de secas
As secas en Galicia
Entre o Atlántico e o Mediterráneo
Secas históricas en Galicia: rogativas
As secas de hoxe: o cambio climático

Qué facer?
Os usos da auga
Uso responsable da auga

O enlace para efectuar esta conexión o día 4 de novembro é: https://youtube.com/live/R4rIrr5q0Bs?feature=share

Doutora en Enxeñería de Montes Raquel Cela Dablanca, Investigadora Postdoutoral

Título: Sen solo non hai vida: como se forma e por que debemos conservalo  

Data: día 11 de novembro ás 12 h.

Resumo: O solo constitúe un dos recursos naturais máis importantes para a vida do noso planeta. A súa formación ou edafoxénese, é un proceso moi lento no que interactúan os denominados factores de formación do solo: material orixinal, clima, relevo, organismos e tempo. Ao longo deste proceso, a rocha nai sofre unha progresiva alteración física e química determinada polas condicións climáticas e topográficas do lugar e pola actividade de organismos vivos. O solo desempeña numerosas funcións esenciais e proporciona importantes servizos ecosistémicos, entre os que destacan a provisión de alimentos, fibras e combustibles, ou a regulación do ciclo da auga. Así mesmo, o solo actúa como filtro natural xa que pode reter, transformar ou degradar contaminantes, reducindo a súa mobilidade e dificultando que cheguen ás augas ou sexan absorbidos polas plantas e incorporados á cadea trófica. Por outra banda, o solo desempeña un papel fundamental na mitigación do cambio climático, xa que pode almacenar grandes cantidades de carbono en forma de materia orgánica, secuestrando o carbono atmosférico e mitigando o quecemento global. Por todo isto, protexer e conservar o solo resulta fundamental para manter as súas funcións e servizos ecosistémicos e garantir a dispoñibilidade deste recurso esencial para as xeracións presentes e futuras.

O enlace para efectuar esta conexión o día 11 de novembro é: https://youtube.com/live/CN00mPu_WlA?feature=share

Doutora en Bioloxía  Ana Barreiro Buján, Investigadora Ramón y Cajal

Título: Un solo vivo, un planeta vivo: ameazas e desafíos para a súa conservación. 

Data: día 18 de novembro ás 12h.

Resumo:

O solo é un ecosistema vivo que desempeña un papel fundamental no funcionamento dos ecosistemas e na saúde do medio ambiente. Porén están sometidos a diferentes ameazas que poñen en risco a súa conservación e a capacidade para proporcionar os servizos ecosistémicos dos que depende a sociedade. Entre estas ameazas destacan as actividades industriais, os incendios forestais, a contaminación con metais pesados ou contaminantes emerxentes e un manexo agrícola inadecuado. Cada unha destas ameazas pode provocar alteracións específicas nas propiedades e no funcionamento do solo. Así, os incendios forestais poden inducir procesos de erosión e perda de solo, mentres que un uso agrícola intenso e un manexo inadecuado pode favorecer a súa compactación, reducir a materia orgánica e deteriorar a súa estrutura e fertilidade. Pola súa banda, a contaminación pode alterar os procesos biolóxicos e químicos dos solos e comprometer a calidade dos recursos hídricos e dos alimentos que consumimos. Todas estas ameazas poñen en risco tanto o funcionamento e a resilencia dos ecosistemas forestais como a produtividade dos solos agrícolas. A conservación dos solos constitúe, polo tanto, un dos grandes desafíos ambientais que temos que afrontar nun futuro inmediato, pois a súa degradación afecta en Europa a un 12% do seu territorio afectando a 42 millóns de persoas. Polo tanto, conservar o solo é esencial para garantir a produción de alimentos e a sustentabilidade dos nosos ecosistemas.

O enlace para efectuar esta conexión o día 18 de novembro é: https://youtube.com/live/QUVxBKWjSTw?feature=share

 

Tamén, despois de novembro, podedes consultalos na seguinte ligazón: 

https://www.youtube.com/@igaciencia1/streams

No caso de producirse algunha incidencia durante a emisión, tamén se poñerá nesa ligazón o enlace alternativo.

Para poder realizar preguntas en directo aos relatores e relatora, é preciso Subscríbirse á canle de Igaciencia. 

Ver XVII día da Ciencia en Galego para ampliar a información das temáticas deste XVII día.

A continuación, o formulario de inscrición, que finalizará unha semana antes da data de emisión de cada conferencia.

 

Videoconferencia
Auga para todos. A seca que non cesa
Sen solo non hai vida: como se forma e por que debemos conservalo
Un solo vivo, un planeta vivo: ameazas e desafíos para a súa conservación
Exemplos
5º e 6º
2º ESO,3ºESO, 4ºESO, 1º Bach
1º BAC    E  4º ESO
FP de grao Medio