Concurso de vídeos de Divulgación Científica en Galego de Igaciencia 2026

Enviado por admin o

1. Obxecto

IGACIENCIA convoca o Concurso de Vídeos de Divulgación Científica en Galego co obxectivo de promover a divulgación científica en lingua galega, fomentando a curiosidade, o pensamento crítico, a creatividade e a comunicación audiovisual entre o alumnado.

Preténdese estimular a capacidade para explicar conceptos científicos de maneira rigorosa, comprensible e creativa, empregando o vídeo como ferramenta de aprendizaxe e divulgación.

 

2. Participantes

XVII Obradoiro e Concurso Galego de Robótica. A maxia da robótica e os drons 2026-27

Enviado por admin o

Obradoiro e concurso galego de robótica

Ver as prazas xa cubertas antes de inscribirse 

Trátase dun obradoiro de programación e robótica onde se adquire a formación precisa para resolver os desafíos da fase de concurso. Os conceptos computacionais utilízanse para enfocar e resolver problemas, comunicarnos e saber como darlle ordes a un robot e xestionar múltiples aspectos da vida cotiá nun futuro xa presente.