Converxencias Arte e Ciencia: Escher
Aqui estará a convocatoria das Converxencias Arte e Ciencia: Escher a celebrar (a partir de maio, se a pandemia o permite) no Centro Ágora da Coruña.
De non ser posible veriamos de facer a exposición virtual.
Aqui estará a convocatoria das Converxencias Arte e Ciencia: Escher a celebrar (a partir de maio, se a pandemia o permite) no Centro Ágora da Coruña.
De non ser posible veriamos de facer a exposición virtual.
Inventa en Galego (con App Inventor)
As Bases que podedes ver aquí, son semellantes ás dos anos anteriores. A modo de resumo, céntrase en:
Crear programas en App Inventor por un equipo de alumnos e alumnas de Primaria ou Secundaria de Galicia, presentados por un ou unha profesor/a.
Temática: As App versarán sobre programas útiles co móbil, realizados con AppInventor, do MIT e relativos a calquera aspecto de Galicia. Ao menos no idioma galego (pode ter máis).
Está aquí
http://www.youtube.com/igaciencia1 ou https://www.youtube.com/igaciencia1/videos
Todas as videoconferencias e vídeos da ciencia en galego están ou estarán aquí
Subscríbete!
Velaí os 4 premios acadados:
2 da cidade da Coruña
1º premio
IES Agra do Orzán, profesora Mª José Martinez Rey e alumno Jorge Gómez García de 4º da ESO que acadou o 1º premio
2º premio
IES Menéndez Pidal, profesora Paz Freire Campo, e alumno Daniel Güeto Sandás de 1º bach acadou o 2º premio
1 premio para os centros galegos:
IES Carvalho Calero de Ferrol, Profesora Ángeles Ruíz-Matas García e alumno Adrían Barcia Mosquera
Convidamos os centros educativos a participar nas seguintes videoconferencias que despois de celebradas poderán ser vistas na canle
de Igaciencia http://www.youtube.com/igaciencia1
Sonia Villapol Salgado desde Houston (Texas). Só a ciencia nos rescatará da pandemia. Día 16 de novembro de 12:45 a 14 h, para alumnado de 4º da ESO e Bacharelato.
XI Obradoiro e Concurso Galego de Robótica. A Maxia da Robótica
Parabéns a todo o profesorado e alumnado que participou na fase de centro.
A confianza que depositamos na responsabilidade e implicación do profesorado cando iniciamos esta modalidade de participación, vese fortalecida cada ano máis polo voso bo facer e polo entusiasmo dos rapaces e rapazas.
As datas que se barallaban para a fase galega e internacional quedan á espera de boas novas.