Novos poliedros 2022

Enviado por admin o Sáb, 09/03/2022 - 12:25

Convocamos, polo mes da Ciencia en galego 2022, e homenaxeando a Evarist Galois, o creador do concepto de grupo e da Simetría Científica que abrangue á Arte, ás Matemáticas, en especial a Física actual, a Química, A Cristalografía, os Grupos de Simetría planos (17) e aos grupos de Simetría espaciais (230), á  Cosmoloxía,...Por segunda vez e esta vez dándolle un pequeno toque fractal, ademais de extremadamente simétrico aos poliedros propostos. Diciamos o ano pasado que:

Imos testar a capacidade do galego para dar nomes universais coma poliedros, por exemplo. Sabemos xa que podemos nomear cada poliedro coñecido e dicilo perfectamente en galego. O galego pode cos poliedros. Pero o que nunca fixemos é inventar novos poliedros,  e darlles nome galego. Un novo paso de nivel para o galego.

Aqui poñemos uns cantos poliedros novos. Podedes detectar algún coñecido?- Os novos orixinais de Manuel Diaz Regueiro. O que vos pedimos é que fabriquedes un e o inmatriculedes (dádelle un nome galego). Iso é todo o concurso que durara ata o 1 de decembro e terá un pequeno premio para os 5 mellores equipos, ademais dalgún libro.

Desde logo cada centro pode dedicarse a un poliedro exclusivo para el. O primeiro paso é o de seleccionar o poliedro mediante o formulario que figura a continuación, depois daremos consellos para fabricalo en diversos materiais e con diversos medios e os criterios de valoración que se aplicarán no concurso.

En decembro publicarase na web de Igaciencia unha táboa na que figurara o modelo, a foto da construción realizada polo centro e o nome galego do poliedro escollido. Posteriormente se pode realizar unha exposición conxunta.

Escóllese por orde de inscrición. Prazo de inscrición ata o 23 de novembro.  Despois desa data pecharase a inscrición. Podes inscribir 2 niveis ou un nivel de 2 poliedros. Entrega dos poliedros por centro ata o 1 decembro. Entrega de premios o día 9 de decembro  as 11:30h en Santiago.

Animádevos xa! -É relativamente fácil. Seguindo un desenvolvemento plano dun novo poliedro ou imprimíndoo en 3d, neste concurso trátase de facelo real por calquera medio (Origami, cartolina, madeira ou mesmo impresión 3d) e de ter a posibilidade de inmatriculalo, darlle un nome galego e universal. Coa nosa axuda. Nota; non teñen porque ter a mesmas cores cas imaxes. Pode ser o resultado dunha impresora 3D en calquera cor. Ou con cartolina en calquera cor.

As citas, Hermann Weyl, o autor de Simetría, dicía que:
My work has always tried to unite the True with the Beautiful and when I had to choose one or the other, I usually chose the
Beautiful. O meu traballo sempre tratou de unir a verdade coa beleza e cando tiven que elixir entre unha ou a outra, eu, frecuentemente, elixin a beleza. Como consturír un poliedro e porque son importantes na educación por George Hart (en inglés). Tamén a súa Encyclopedia of Polyhedra. Como construir poliedros  Symmetry has always been attractive to mathematicians, and the most symmetric of all figures are the regular polyhedra, or Platonic solids. Aquí veremos figuras altamente simétricas.

Abrimos a inscrición o día 20 de setembro ás 10 horas.

Lembrade:

Este ano os poliedros teñen un mal encaramento, parecen máis difíciles. Algúns si,  pero non tanto.
Unhas ideas básicas sobre o concurso

-O nome galego é importante.

-Só hai 5 premios este ano en metálico. Ainda que pode haber mencións especiais

-Os poliedros deben estar conseguidos para poder entrar no concurso

-Un único premio por centro

-Ainda que os poliedros este ano son fractais con aumento de nivel e dificultade, lembrade co feito de ser moi regulares ou simétricos fai que a construcción se repita. Buscade repeticións e regularidades na figura e xeitos de empatar anacos das figuras. Ou imprimideos en 3d. Ou en madeira... o que vexades.

-Explicareivos un pouco cada poliedro escollido, por exemplo, os primeiros conteñen Stellas octángulas

-Podedes escoller 2 poliedros distintos, cada un cun nivel, ou un poliedro con 2 niveis. Como máximo 2 centros poden escoller o mesmo poliedro e nivel. A partir de novembro, se hai poliedros libres, admitirase que un centro aumente os seus poliedros ata 4, distintos ou de distinto nivel, sempre que non fosen escollidos antes, coa finalidade de obter unha maior colección física de novos poliedros 2022.

-A estética tamén importa.

 

 

Exemplos de novos poliedros 2022
  nivel 1  nivel 2

pincha cada imaxe

nivel 3  tipo e centro/s
1

Tipo fractal Sierpinski 3d en cada cara

Cpi. Dr López Suárez- Friol niveis 2 e 3

2

Tipo fractal estilo Menger

Ies de Meaño (nivel 1)

3

 

 

 
4

IES nº1 de Carballiño. Niveiis 1 e 2
5

 

 

IES de Monelos, A Coruña, Niveis 2 e 3
6

IES Carlos Casares. Vigo. Nivel 2
7

 

 

8

IES Menéndez Pidal Nivel 2

9

IES Carlos Casares. Vigo
10

IES de Meaño (nivel 3)

IES Menéndez Pidal Zalaeta

varios niveis do 10 con diferentes grupos

Datos do profesor/a