Videoconferencias do Mes da Ciencia en Galego 2022

Submitted by admin on Ven, 09/16/2022 - 11:22

Despois do éxito das Videoconferencias promovidas por Igaciencia polo Mes da Ciencia en Galego 2020 e 2021, que superaron cada ano os 8000 espectadores, dos centros educativos e público en xeral, estamos obrigados a repetir o esforzo no 2022, cunha serie de videoconferencias dirixidas aos centros educativos galegos, especialmente aos de secundaria.

Se queredes inscribir xa ao voso centro, ser dos primeiros en facelo, ou  poñer a o voso centro como creador da videoconferencia ou mesmo realizar unha persoal vosa, podedes ir inscribíndovos para que poidamos poñernos en contacto con vós, e  organizar a infraestrutura necesaria para as emisións.

Subscríbete á canle de Igaciencia

Está aberto o prazo de inscrición, que finalizará unha semana antes da data de emisión de cada conferencia.

Co patrocinio da Xunta de Galicia Os titulos e relatores son:

O verán do 2022, extremos climáticos sen control? "De como as ciencias básicas poden axudar a predicir o clima" Francisco Díaz-Fierros Viqueira, catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola da USC, da RAGC. Día 4 de novembro, ás 12 horas. Enlace á videoconferencia.

Mergullámonos no óceano do futuro? Emilio Fernández Suárez, catedrático de Ecoloxía da Universidade de Vigo. Día 21 de novembro, ás 12 h. Enlace á videoconferencia.

A pegada humana e os seus efectos sobre a xeomorfoloxía de Galicia.   Fran Canosa, Doutor en Xeoloxía, Divulgador . Día 25 de novembro, ás 12 h. Enlace á videoconferencia.

Cambio climático e sistema alimentario.  Por Dr. Luís Díaz Allegue, investigador. Día 28 de novembro, ás 12 horas. Enlace á videoconferencia.

Hai que estar subscrito para poder facer preguntas.

A canle de igaciencia youtube.com/@igaciencia1 ou ben https://youtube.com/c/igaciencia1

Inscríbete no formulario que vén a continuación: