Un total de 15 centros, con alumnado de ESO e Bacharelato, participaron no Obradoiro de Sensores na Deputación de Lugo do 17 ao 21 de novembro de 2014.
Pasaron polo obradoiro esta semana 526 alumnos e profesores.
No mes de novembro, sumando a participación no obradoiro e outras visitas á exposición, ata o día 24, pasaron máis de 700 persoas.
Contido do obradoiro
Aspectos iniciais, competicións e tempos de reaccións. Tratábase de determinar, usando aparatos de medida de de datos LEGO NXT, quen era capaz de facer máis pulsacións en 10 segundos, quen era capaz de facer máis ruido en 10 segundos, quen tiña mellor tempo de reacción a un sinal luminoso ou á un efecto sonoro. Ademais de ver de forma práctica lectura de gráficas e programación do robot LEGO.
Medicións: por exemplo, medir o volume dun líquido en función da distancia do sensor á súa superficie, medir temperaturas e velocidades de rotación, a altura dos participantes, o período dun péndulo, do movemento harmónico simple, e outras máis.
Exposición na que era posible ver as obras artísticas gobernadas ou en conxunción con sensores Arduino, Kinect e Leap Motion.
Despois das dúas horas que durou cada visita-obradoiro, 13 grupos dos centros mostraron a satisfación aplaudindo espontaneamente ao final, expresando a satisfación pola visita e a cantidade de cousas e ideas de sensores que levaban aprendido para o seu centro.
http://www.v1deputacionlugo.
https://www.youtube.com/



Video de Veiga Díaz sobre a exposición
- Log in to post comments