CPI Progreso de Catoira gaña a Superfinal do Rally Matemático de Toulouse con dous grupos

Submitted by admin on Sat, 05/18/2013 - 16:32

Por primeira vez nos 21 anos de Rally Matemático en Galicia  un centro galego, o CPI Progreso de Catoira, gaña a Superfinal do Rally Matemático de Toulouse en dúas categorías (segundo e terceiro da ESO).

Parabéns aos gañadores e especialmente á profesora  de ambos grupos, Margarita Botana Souto. O equipo do rally está moi satisfeito de que as modificacións realizadas nesta convocatoria facilitaran unha mellor escolla, así como de que se confirmara que a participación no rally de ciencias é unha boa vía para chegar, e mesmo triunfar, no rally matemático internacional.

Non debemos esquecer felicitar aos restantes grupos participantes en Toulouse, pois a súa intervención estivo en todo momento á altura duns dignos representantes galegos. Destacamos tamén a actuación dos alumnos Adrián e Martín, do IES Alexandre Bóveda, que se revelaron como verdadeiros artistas na festa de acollida deste evento.  

http://www.edu.xunta.es/web/node/9429

Exame
Coas Copas
sam
Levantando as copas. Antibi en primeira liña
toulouse
Conxurándose en pleno exame
Toulouse
Os alumnos na proba dun dos cursos
Toulouse
Outra visión do exame dun curso, os do CPI Progreso os primeiros da dereita

 

Toulouse
Na saída do Edicificio da Universidade Paul Sabatier
Toulouse
Bailando