Inventa en Galego (con App Inventor) 2022 e Concurso de Sensores para todos 2022

Enviado por admin o Mér, 01/26/2022 - 19:48

Inventa en Galego (con App Inventor)

As Bases que podedes ver aquí, son semellantes ás dos anos anteriores. A modo de resumo, céntrase en:

Crear programas en App Inventor por un equipo de alumnos e alumnas de Primaria ou Secundaria de Galicia, presentados por un ou unha profesor/a.

Temática: As App versarán sobre programas útiles co móbil, realizados con AppInventor, do MIT, e relativos a calquera aspecto de Galicia. Ao menos no idioma galego (pode ter máis). Valoranse programas que acollan a recollida de datos de sensores (por exemplo, recollida de medidas de peso dun aparato medidor con Bluetooth e resumo gráfico, recollida de datos de saúde dun smartwhatch por bluetooth ou doutros programas e resumo gráfico). Tamén que eses datos se garden nun servidor con MySQL, etc... Pero non son obligatorios estes temas, si preferentes.

Premios: 2 , un de 300 e outro de 200 euros. Prazo de presentación dos proxectos, 1 de xuño de  2022.

Patrocinio da Xunta de Galicia e Igaciencia. As explicacións en vídeo dos programas poden ser incluídas na canle de Youtube de Igaciencia.

Concurso de Sensores para todos

Ampliamos as bases de anos anteriores permitindo utilizar móbiles intelixentes, mbots dos centros, drons, GPS e Internet das cousas.

Bases de Sensores 2021

Este mesmo concurso, verémolo convocado na web do Concello de A Coruña:https://www.coruna.gal/educacion/gl/plan-coruna-educa/detalle-programa/concurso-sensores-para-todos-2021-22/contenido/1453765520826

Premios: 2, un de 300 e  e outro de 200 euros  Prazo límite de presentación dos proxectos, 1 de xuño de 2022. Co patrocinio do Concello de A Coruña e Igaciencia.

Para a realización dos concursos teremos sesións de asesoramento telemático, sempre a petición dos interesados. Para iso apuntádevos no formulario situado ao final deste apartado. De ser posible, configuraremos vídeos con exemplos do que queremos que fagades, que estarán dispoñibles, a partir de marzo de 2022, en http://youtube.com/igaciencia1

Para os interesados en:

-Participar no concurso do Concello de Coruña Sensores para todos

-Preparar actividades con sensores de Ciencia na Rúa

-Aprender a programar en Arduino, EV3 ou Raspberry Pi, drons programables e mbots

-Sensores nun smartphone. Experimentos de Matemáticas, Física e Química nun smatphone

-Sensores nun Smartwatch e como aproveitalos.

Nesas reunións telemáticas ou vídeos tratarase como orientar o concurso e de dar resposta as dificultades que teñades (profesores ou alumnos) de modo que os asistentes saian cun convencemento de que o traballo con sensores é asequible e divertido. Con sensores non hai nada imposible. Os asistentes poden ser profesorado de toda Galicia ou ben alumnos (cun máximo de 2 alumnos por grupo participante). Cómpre inscribirse en http://www.igaciencia.eu/node/383 aquí mesmo, para poder planificar as reunións

 Exemplos

http://intercentres.edu.gva.es/iesleonardodavinci/Fisica/Laboratorio/Laboratorio08.htmta

http://rsefalicante.umh.es/laboratorio.htm

As explicacións en vídeo dos experimentos con sensores dos concursantes poden ser incluídas na canle de Youtube de Igaciencia.

Sensores para todos 2022 na web do Concello de Coruña

Datos do profesor/a
Temática na que está interesado/a