X Congreso de Igaciencia: crear, presentar e divulgar arte 3D dixital

Enviado por admin o Ven, 04/14/2023 - 13:42

Os días 3 e 4 de xullo de 2023 celebraremos o X Congreso de Igaciencia: Crear, presentar e divulgar arte dixital 3D no CNTG de Santiago. Aceptada a homologación previa e provisional da Consellería de Educación.

Obxectivos.-

-Propiciar o intercambio e coñecemento mutuo entre investigadores e profesores de educación.

-Brindar a posibilidade de encontro entre tódolos profesores e profesoras de Galicia interesados no ensino coas últimas novidades sobre a Arte Dixital e para a utilización como ferramenta educativa en varias materias. Así como para facilitar o intercambio de ideas e experiencias e a presentación e difusión de recursos didácticos sobre esta temática.

-Desenvolver estratexias para a elaboración de recursos didácticos interactivos.

-Mostrar as diferentes opcións educativas e de utilización dos recursos de xeración propia.

-Ofrecer un  espazo para coñecer mellor e gozar do mundo da tecnoloxía ao máis alto nivel.

Por que a presentación é importante

Introducción a Blender

Convocatoria

Inscrición.-

Inscrición gratuíta. Deberase cubrir o formulario que figura ao final deste apartado.

Prazas limitadas. Con preferencia para o profesorado en activo.depucor

Valoración en horas de formación.- 16 h

Subvencionado Pola Deputación da Coruña

Coa destacada colaboración do CNTG na realización do Congreso.

CNTG

xUNTA

 

 

Lugar de celebración.-CNTG Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade 

Mapa de acceso ao centro  Rúa Airas Nunes, s/n - Conxo.  15702 - Santiago de Compostela.  A Coruña

Contidos.-

Blender. Renderización e animación de obras dixitais 3d

Nodos en Blender. IA e Blockchain

Óculus, Realidade Virtual e Metaverso: prática e como funcionan

Fotografía 360 e na web

Arte Dixital 3D con Javascript (Three.JS)

Realidade Aumentada

NFTs.

Posibilidades e conveniencia de Asociación de creación 3D galega para facilitar a difusión da Arte Dixital Galega

Relatores.-

Xacobo de Toro Cacharrón, CPI O Cruce, Cerceda

Fotografía 360; obradoiro no que se elaborará un vídeo con características semellantes ao que presenta o que podemos ver en https://app.Lumi.education/content/6453626e14e3886893c6dcb4  E exploraremos o resultado en gafas óculos

En xeral, obras sobre xeoloxía de Xacobo.

Fiz Cabanas Muíños CPR Obradoiro A Coruña

Óculus, Realidade Virtual e Metaverso: prática e como funcionan

Rafael  González Ferreira, Enxeñeiro

3d e arte dixital. Blender e o novo paradigma da IA. Blockchain e os NFTs como novo modelo na creación de arte dixital. 

Este módulo pretende abordar Blender, desde uns coñecementos moi básicos previos, cunha perspectiva actual e práctica no mundo da creación de arte dixital. 

  • Bloque inicial. 
    • Breve introdución orientada a uso. Tendencias dos últimos anos, novidades das últimas versións e primeiros enfoques da “nodificación” no mundo do software de deseño. Repaso aos distintos módulos que compoñen Blender, e entender como é que cada un deles da servicio ao “pipeline” do artista xeneralista. Traballaremos exemplos prácticos.
    • Geometry Nodes: coñeceremos como funciona o módulo mais potente que está a revolucionar a industria. As funcionalidades baseadas en modelado de procesos, que dan lugar a ferramentas “procedurais” e permiten crear infinidade de solucións paramétricas. Veremos exemplos de monetización (o caso de éxito de “Sanctus”) mediante a comercialización de addons.
    • Conceptos mais avanzados: daremos un repaso a conceptos coma modelado e escultura, escultura VR, motores de render, iluminación, especialidade en xeración de escenas (environment), selección dos mellores addons gratuitos e de pago, granxas de renderizado, ferramentas complementarias, recursos gratuitos de dominio público (HDRi, modelos, animacións), compositing.
  • Bloque IA: que pode facer a IA por ti en Blender?
    • Caso práctico: ferramentas para a xeración de texturas usables en Blender.
    • Caso práctico: ferramentas de scripting mediante ChatGPT como apoio para xente sen experiencia en programación.
    • Tendencias e outras ferramentas baseadas en Intelixencia Artificial.
  • Bloque NFTs
    • Caso práctico: Que é un NFT? Que non é un NFT. O caso de @annadreambrush
    • Un pequeno repaso ao marketplace do mundo NFT: onde se publica, como se paga.

Caso práctico: a miña experiencia creando un NFT en foundation.app.

Manuel Díaz Regueiro, Igaciencia, http://galega.org

Crear Arte dixital. Arte Dixital 3D con Javascript (Three.JS)

 Explorar posibilidades de Asociación de creación 3D galega para facilitar a difusión da Arte Dixital Galega

Tomás López Retorta: A Contorna de Blender. Renderización e Animación

Programa Provisional

HORARIO

Dia 3 de xullo

Día 4 de xullo

10-14

Tomás López Retorta

A Contorna de Blender. Renderización e Animación

Rafael  González Ferreira

Nodos, IA e Blockchain

16-17

Manuel Díaz Regueiro. Crear arte e Threejs

Realidade Aumentada

17-20

Xacobo de Toro Cacharrón

360

Fiz Cabanas Muíños. ÓCULUS, Metaverso. Práctica

Inscribirse neste formulario

Provincia
Só para os inscritos e asistentes ao Congreso
Escribir o título proposto(Só para inscritos e asistentes ao congreso)
Taxonomía