Despois do éxito das Videoconferencias promovidas por Igaciencia polo Mes da Ciencia en Galego 2020, 2021, e 2022 que superaron cada ano os 8000 espectadores, dos centros educativos e público en xeral, estamos obrigados a repetir o esforzo no 2023, cunha serie de videoconferencias dirixidas aos centros educativos galegos, especialmente aos de secundaria.
Se queredes inscribir xa ao voso centro, ser dos primeiros en facelo, ou poñer a o voso centro como creador da videoconferencia ou mesmo realizar unha persoal vosa, podedes ir inscribíndovos para que poidamos poñernos en contacto con vós, e organizar a infraestrutura necesaria para as emisións.
Subscríbete á canle de Igaciencia
Está aberto o prazo de inscrición, que finalizará unha semana antes da data de emisión de cada conferencia.
Co patrocinio da Xunta de Galicia, os titulos e relatores confirmados son:
Dª Mónica Cartelle Gestal, profesora de Microbioloxía e Inmunoloxía na Universidade de Louisiana, en Estados Unidos.
Dr. Fco. Javier De Toro Santos, Xefe de Servizo de Reumatoloxía do CHUAC, Vicepresidente do colexio de Médicos da provincia da Coruña.
Dr. Diego Martínez Santos, Instituto Galego de Física de Altas Enerxías en Santiago de Compostela. Premio 2013 da Sociedade Europea de Física ao mellor físico xove de Europa.
Hai que estar subscrito para poder facer preguntas.
A canle de igaciencia youtube.com/@igaciencia1 ou ben https://youtube.com/c/igaciencia1
Inscríbete no formulario que vén a continuación: