Converxencias Arte e Ciencia: Escher
A exposición "Converxencias, arte e ciencia: Escher", organizada pola Institución Galega de Ciencia (IGACIENCIA) e o Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, enmárcase dentro do proxecto que se vén desenvolvendo de actividades de difusión da ciencia e da cultura científica na sociedade, especialmente para mostrar as sinerxías e vínculos entre a arte e a ciencia.
Unha exposición interactiva que permite unha aproximación lúdica aos fenómenos científicos coa finalidade de enganchar á xente nova no gusto pola ciencia, ao tempo que se pretende contribuír a:
- Fomentar na xente nova unha relación, distinta da habitual, co coñecemento, para propiciar o seu desenvolvemento harmonioso e integral. Romper os límites disciplinares e potenciar a integración da ciencia con outras áreas de coñecemento, propiciar o tratamento STEAM nas aulas (ciencia, tecnoloxía, enxeñería, arte e matemáticas).
- Analizar as semellanzas e diferenzas na construción do coñecemento nas artes e na ciencia. Explorar e visualizar conceptos matemáticos a través da arte. Recoñecer o papel das matemáticas, especialmente da xeometría, na base dalgunhas propostas artísticas e na arquitectura contemporáneas.
- Aprender a gozar coa beleza da arte e da ciencia; aprender a mirar e interpretar a realidade a través da arte e da ciencia.
Descrición e características da actividade
O núcleo central é a obra de Maurits Cornelis Escher (1898-1972), especialmente a realizada a partir de 1937.
Escher é un dos artistas contemporáneos máis recoñecido e encomiado pola comunidade científica internacional, que considera a súa obra como un símbolo da relación entre a arte e a ciencia.
Unha icona universal apaixonada polo coñecemento que utilizou as matemáticas, a astronomía, a óptica, a cristalografía e a xeometría nas súas creacións artísticas.
Imaxina debuxos con auga que sobe cara arriba, escaleiras que non teñen fin, réptiles que se arrastran formando círculos viciosos entre obxectos dun escritorio, que escapan do papel no que están debuxados para volver aparecer máis tarde, mans que saen dun fragmento de papel e debúxanse a si mesmas... Á maioría dos mortais cústanos imaxinar estas situacións, polo que debuxalas de maneira que sexan cribles antóllasenos farto complicado.
Os mundos paralelos, a metamorfose espazo-tempo, a procura do infinito no plano, as construcións imposibles... iso e máis forma parte do universo de Escher que se mostra e que se ve reflectido nas súas propias verbas:
Debuxar é enganar. O meu traballo é un xogo... Un xogo moi serio. Só quen tenten o absurdo lograrán o imposible…
Elementos que dan soporte á actividade:
-Presentación con animacións que enmarca e expón paso a paso como se chega, a partir duns determinados elementos, á produción final que se mostra nas reproducións da obra de Escher.
-Láminas que permiten admirar as obras mestras de Escher, as máis coñecidas e enigmáticas, que dan conta da súa capacidade de xerar imaxes con impresionantes efectos de ilusións ópticas.
-Obradoiros, conformados por unha serie de postos nos que se manipulan diversos materiais para translucir as ideas que inspiraron ao artista en cada unha das láminas que se elixen como base, ao tempo que se favorece a comprensión e construción dos conceptos matemáticos correspondentes:
• Teselar con polígonos. Xogando co polidrón
• Crear e interpretar mosaicos: descifrando o código, xogando coa xeometría. Xogo da Alhambra, pavimentacións tipo Escher, de Penrose...
• Tramas e ilusións ópticas
• Banda de Möebius
• Construción de caleidociclos. Arte en movemento.
• Elaboración de caixas con mosaicos de Escher
•Actividades de lapis e papel que axudan a “mirar” a obra de arte e a relacionala coas matemáticas.
• Programas informáticos que permiten penetrar no mundo das pavimentacións e grupos de simetría planos, comprendelos e favorecer a creatividade.
- Obras de arte dixital impresas en 3D, que permiten mostrar os vieiros polos que camiña a arte na actualidade. Son obras seleccionadas para a exposición simultánea aos congresos internacionais de Arte e Matemáticas, Bridges.
-A publicación Escher e Matemáticas. Diálogo entre ciencia e arte, en tanto que complemento da exposición, pretende contribuír a un maior aproveitamento e goce da obra de Escher. Será entregado un exemplar a cada grupo participante.
A quen vai dirixido?:
Alumnado de ESO, BACH e FP do Concello da Coruña e de toda Galicia.
Está aberta a inscrición a outros centros educativos de Galicia.
Tamén existe a posibilidade de adaptar a sesión para a Escola de Arte e a Universidade da Coruña.
Prezo / Custo:
Gratuíto.
Lugar:
Desenvolverase no Centro Sociocultural Ágora, A Coruña
Cando:
Dende o 27/01/2025 ata o 31 /01/2025
Visitas e obradoiros para os centros educativos de 2 horas de duración, en horario de 9:15 a 11:15, de 10:50 a 12:50 e de 12:30 a 14:30 h.
Parte expositiva aberta ao público en xeral, en horario de 15 a 21 h.
Contacto:
IGACIENCIA, Inés Ben secretaria@igaciencia.org Servizo Municipal de Educación, Tel.: 981 184 200 ext. 10260
Requisitos:
Preferiblemente grupos de ata 40 estudantes/sesión, que se desdobrarán en 2 grupos de 20 na parte expositiva e de obradoiros.
Organizador:
IGACIENCIA http://www.igaciencia.eu
Programa financiado polo Concello da Coruña
Inscrición:
Realizarase a través do formulario que se atopa ao final desta entrada.
Prazo de inscrición: do 18 de decembro de 2024 ao 22 de xaneiro de 2025.
-Do 18/12/2024, ás 16 h, ata o 12/01/2025, ás 14 h, para os centros do concello da Coruña, un grupo por centro.
-Do 13/01/2025, ás 10 h, ao 19/01/2023, ás 14 h, para os centros educativos doutros concellos, un grupo por centro.
-Do 20/01/2025, ás 10 h, ao 22/01/2025, ás 24 h, se quedan prazas libres, os centros de calquera municipio, poderán inscribir un segundo grupo.
000 |
1 grupo centros Concello A Coruña |
000 |
1 grupo centros fóra do Concello Coruña |
|||||||||||
…… |
Segundo grupo centros inscritos.
|
000 |
Realización da actividade
|
|||||||||||
DECEMBRO 2024 |
|
XANEIRO 2025 |
||||||||||||
L |
M |
Me |
X |
V |
S |
D |
|
L |
M |
Me |
X |
V |
S |
D |
|
|
|
|
|
|
1 |
|
|
|
1 |
2 |
3 |
4 |
5 |
2 |
3 |
4 |
5 |
6 |
7 |
8 |
|
6 |
7 |
8 |
9 |
10 |
11 |
12 |
9 |
10 |
11 |
12 |
13 |
14 |
15 |
|
13 |
14 |
15 |
16 |
17 |
18 |
19 |
16 |
17 |
18 |
19 |
20 |
21 |
22 |
|
20 |
21 |
22 |
23 |
24 |
25 |
26 |
23 |
24 |
25 |
26 |
27 |
28 |
29 |
|
27 |
28 |
29 |
30 |
31 |
|
|
30 |
31 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Antes de realizar a inscrición é conveniente que lembres que:
Cómpre mirar antes de cubrir o formulario o CALENDARIO PROVISIONAL, na páxina de resultados da inscrición, que se irá cubrindo paulatinamente. Despois da inscrición débese comprobar se o centro aparece no calendario, pois esa é a confirmación de que a inscrición se realizou con éxito.
Pregamos encarecidamente que os centros da cidade da Coruña ocupen preferentemente o horario da primeira sesión, 9:15 a 11:15.
Mirade a páxina de resultados da inscrición aqui