Concurso Inventa en Galego. AppInventor
Presentáronse 17 Apps das que foron preseleccionadas aquelas que cumprían os requirimentos recollidos nas bases da convocatoria. Ademais doutros aspectos a ter en conta, lembramos que:
-Poden participar equipos de escolares dos centros educativos, de Primaria ou Secundaria presentados polos profesores do seu centro cun mínimo de dous membros.
-Debe entregarse o arquivo en código fonte aia e tamén aportar o Apk da aplicación
-Os programas enviados poden estar en varios idiomas. Pero un deses idiomas ten que ser o galego.
-Os traballos presentados deben ser inéditos
Proxectos premiados ou con mención especial:
Coordinador e centro |
Proxecto e autoría |
Premio |
Descrición aportada polos autores: |
|
|
Ángel Acción Lamas
IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo |
Bus Andrés Pérez Samuel Uxío Rodríguez Curso:1º Bacharelato |
1º |
BusCoruña permite ver as rutas dos buses urbanos da cidade, canto tempo tardarán en chegar e onde están en cada momento co mapa en tempo real. Ademais pódete notificar cando un bus chega a unha parada, para que non o perdas ou para que non te despistes á hora de baixar. Tamén ten unha función para localizar as paradas máis próximas a ti ou para buscar unha parada polo seu nome Estrutura: Información das liñas en tempo real Recibe un aviso cando chegue o bus Búsqueda de paradas e chegadas en tempo real |
||
Paz Freire IES Menéndez Pidal de A Coruña. |
Surfistas Alejandro Tojo, Diego Carracedo e Paula Pérez Curso: 1º Bacharelato |
2º Compartido |
Con esta App queremos colaborar para que o alumnado iniciado no surf, ou outras persoas interesadas do noso entorno, poidan ter información actualizada das condicións das praias mais preto de nos (ás que poderían chegar incluso en bici) e seguir con esta actividade saudable no seu tempo de lecer.
Que aporta? -Clima e condicións do mar: Serve para coñecer a climatoloxía e as condicións do mar nas praias ofrecidas, (que nos permitirán determinar se é un bó día para surfear…) -Localización: Serve para recordar a situación das praias e para que , desde a túa posición te indique como chegar a praia desexada. -Extras: Podemos facer fotos e compartilas na rede . Acceder o blogue Movendo o cú (da prof. de EF) e a un vídeo sobre surf e a suxestións para días que non son de surf. |
|
|
José Manuel Martínez Loureiro
IES Moncho Valcarce, As Pontes |
Descubrindo GZ alumnos de 4º de ESO: Andrés Rivera, Xoel Pena, Sergio Cal, Paula Sabín, Uxia Calvo, Noelia González, Camila dos Santos e Felipe Martínez |
2º Compartido
|
Decidimos crear esta aplicación porque nos gusta Galiza. A parte diso, escollimos facer a aplicación con esta temática debido á admiración que temos a cerca da xeografía galega, polo que queríamos compartilo coa xente e impulsalos a coñecer os lugares que nosgustan. Idea A idea principal era impulsar aos usuarios de "Descubrindo GZ" a visitar os distintos lugares que se ofrecen e premialos cun emblema cada vez que cheguen ao destino proposto |
|
|
Mención especial |
|
||||
Ángel Acción Lamas
IES Eduardo Blanco Amor. Culleredo |
NewInf
Andrés Pérez Samuel Rodríguez Samuel Ramonde 1º BACH - TIC I
|
Esta é a APP da tenda de informática NewInf (empresa ficticia que creamos na primeira avaliación). Permite mercar os nosos produtos, saber un pouco máis acerca de nós ou recibir soporte técnico de forma rápida dende o móbil. Os usuarios potenciais da aplicación serán fundamentalmente os nosos clientes, aínda que ofrecemos soporte gratuíto a calquera que o necesite. Estrutura: Realiza pedidos directamente na nosa APP Recibe soporte inmediato no noso chat ou envíanos un email Coñécenos e atopa a nosa tenda física |
|
||
Ángel Acción Lamas IES Eduardo Blanco Amor. Culleredo |
JOLI Lucas Ameijenda Capeáns. Iván Lado Canosa. Óscar Maceiras Lago. Javier Suárez Conde Curso:1º Bacharelato |
Academia de idiomas ● Apoio ● Rentabilidade ● Eficacia ● Contacto Nesta aplicación, expoñemos as principais funcións da academia JOLI, para ofrecer ao noso público virtual unhas opcións adecuadas ás que ofertamos no noso local. Todo isto de forma gratuíta. A aplicación conta con varias pantallas e un estilo sinxelo á par que funcional que servirá para fomentar a práctica na materia e la comunicación co noso persoal. Poderanse realizar exercicios prácticos, así como preguntar dúbidas aos nosos profesionais, ademais doutras moitas funcións |
|
||
Ángel Acción Lamas IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo |
AdoptaCulleredo Rebeca Andón Fernández, Laura Fernández Fernández e Iván FernándezMartínez. Curso:1º Bacharelato |
Adopta Culleredo é unha aplicación de protección animal situada en Culleredo. Isto permite aos usuarios coñecer os animais para a súa adopción, coñecer os próximos eventos dirixidos polo protector, coñecerse mellor a través das nosas redes sociais, axudar a atopar os servizos básicos de animais en Culleredo, colaborar connosco, xogos para as túas mascotas e un gran etc Sinopse: Aplicación sinxela pero moi útil, onde poderás adoptara túa mascota ideal e darlle o mellor coidado. |
|
||
Ángel Acción Lamas IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo |
MegebeYoung Pablo Iglesias e Andrea Fuentes App complementaria de MegebeWolf |
Unha app para controlar os teus cartos en todo momento Manexarás teus ingresos e gastos dunha forma sencilla, cunha interfaz atractiva, na que verás os teus últimos movementos. ● Poderás acceder á localización da nosa oficina. ● Terás a opción de acceder ás redes sociais para contactar connosco. |
|
||
Ángel Acción Lamas IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo |
MegebeWolf Sergio Aller e Miguel García App complementaria de Megebe Young |
Con esta aplicación pretendemos crear unha erramenta coa que xestionar os teus cartos, dirixida tanto a un adolescente que empeza a aforrar como a una PYME que non precise unha xestión avanzada. Ten un diseño minimalista e intuitivo para facilitar o seu uso. Polo de agora as súas funcións están limitadas, pero incorporaranse máis en futuras actualizacións. |
|
||
Ángel Acción Lamas IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo |
Bar Enriqueta Fátima Pena Gema Serrapio copmplementaria de ChuviaDeCubertos: |
Nesta aplicación os clientes do noso local poderán ver desde calquera sitio a nosa oferta gastronómica e optar por comer en Bar Enriqueta e incluso decidir de antemán que será o que pidan. Desta forma chegarán ao local e encargarán o seu pedido inmediatamente, asegurándose unha maior rapidez de servicio. A nosa app está dirixida a todo o público en xeral que teña un mínimo coñecemento da informática, xa que creamos unha aplicación cunha interface moi sinxela |
|
||
Ángel Acción Lamas IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo |
ChuviaDeCubertos Lucía García y Paula Sieira App copmplementaria de Bar Enriqueta |
esta aplicación trátase dun xogo onde un personaxe, guiado por ti, debe fuxir de todo aquelo que non se pode tomar ou beber nun bar, como un tenedor ou un coitelo se non perderá bonos. O fin do xogo é conseguir o máximo de bonos posibles e isto obterase collendo a comida ou bebida que lle vaia caendo Principalmente creamos esta aplicación para atraer a máis xente ao noso bar, xa que era novo no lugar e queríamos que tivera algo diferente aos demáis. Decidimos crear este xogo porque a todo o mundo gústalle pasar un bo rato e pareceunos algo divertido que a xente se entreteña con algo que logo lles podría ir no seu favor. Eles conseguen consumicións gratis e nós atraer a xente. |
|
||
Ángel Acción Lamas IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo |
Centre Games Reserve Jorge Corral e Diego Noya App complementaria CentreGames_Videoxogos
|
Esta app, permite realizar reservas de diferentes artículos nos establecementos de Centre Games. Esta, ademais, conten un mapa para encontrar esos establecementos. A app serve para reservar articulo desde a comodidade da casa. |
|
||
Ángel Acción Lamas IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo |
CentreGames_Videoxogos Daniel López Antón Castro App complementaria Centre Games Reserve |
|
Ca APP de Centre Games poderás facer todo o relacionado con nós desde calquera parte, sen necesidade de vir a tenda física. Poderás: ● Reservar produtos ● Contactar con nós ● Ver os produtos que vendemos ● Ver onde nos atopamos ● Ver artigos sobre videoxogos |
|
|
Mención especial ao centro IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo, en especial ao coordinador dos proxectos, Ángel Acción Lamas, pola implicación no concurso, o número e calidade dos proxectos presentados. |
|
||||
- Log in to post comments