Na Biblioteca do Gaiás, na exposición realizada no marco dos XXI Encontros para a Normalización Lingüística, pódense ver os dous carteis que presentou Igaciencia para responder á solicitude da organización dos encontros:
-Cartel do Día da Ciencia en Galego que, á súa vez, recolle os carteis emitidos con ocasión das 10 edicións que levamos participando e promovendo.
- Cartel no que reflectimos unha mostra das distintas actividades que se desenvolven habitualmente en Igaciencia.
A continuación engadimos algunhas imaxes.
- Log in to post comments