Novos Poliedros

Submitted by admin on Mar, 09/21/2021 - 10:03

Imos testar a capacidade do galego para dar nomes universais coma poliedros, por exemplo. Sabemos xa que podemos nomear cada poliedro coñecido e dicilo perfectamente en galego. O galego pode cos poliedros. Pero o que nunca fixemos é inventar novos poliedros,  e darlles nome galego. Un novo paso de nivel para o galego.

Aqui poñemos uns cantos poliedros novos. Podedes detectar algún coñecido?- Os novos orixinais de Manuel Diaz Regueiro. O que vos pedimos é que fabriquedes un e o inmatriculedes (dádelle un nome galego). Iso é todo o concurso que durara ata o 1 de decembro e terá un pequeno premio para os 5 mellores.

Desde logo cada centro pode dedicarse a un poliedro exclusivo para el. O primeiro paso é o de seleccionar o poliedro mediante o formulario que figura a continuación, depois daremos consellos para fabricalo en diversos materiais e con diversos medios e os criterios de valoración que se aplicarán no concurso. Os asistentes á actividade de Arte e Ciencia terán máis oportunidades de conversar sobre estes aspectos.

En decembro publicarase na web de Igaciencia unha táboa na que figurara o modelo, a foto da construción realizada polo centro e o nome galego do poliedro escollido. Posteriormente se pode realizar unha exposición conxunta.

Escóllese por orde de inscrición. Prazo de inscrición ata o 23 de novembro. Entrega de 1 poliedro por centro ata o 1 decembro. Entrega de premios en decembro.

Animádevos xa! -É relativamente fácil. Seguindo un desenvolvemento plano dun novo poliedro ou imprimíndoo en 3d, neste concurso trátase de facelo real por calquera medio (Origami, cartolina, madeira ou mesmo impresión 3d) e de ter a posibilidade de inmatriculalo, darlle un nome galego e universal. Coa nosa axuda. Nota; non teñen porque ter a mesmas cores cas imaxes. Pode ser o resultado dunha impresora 3D en calquera cor. Ou con cartolina en calquera cor.

As citas, Hermann Weyl, o autor de Simetría, dicía que:
My work has always tried to unite the True with the Beautiful and when I had to choose one or the other, I usually chose the
Beautiful. O meu traballo sempre tratou de unir a verdade coa beleza e cando tiven que elixir entre unha ou a outra, eu, frecuentemente, elixin a beleza. Como consturír un poliedro e porque son importantes na educación por George Hart (en inglés). Tamén a súa Encyclopedia of Polyhedra. Como construir poliedros  Symmetry has always been attractive to mathematicians, and the most symmetric of all figures are the regular polyhedra, or Platonic solids. Aquí veremos figuras altamente simétricas.

 

Exemplos de novos poliedros
       
1

   
2

   
3

   
4

   
5

   
6  

IES SALVADOR DE MADARIAGA

   
7

   
8

   
9

   
10

IES A Xunqueira II
   
11

   
12

IES Camilo José Cela
   
13

   
14

   
15

   
16

;
   
17

IES do Milladoiro
   
18

   
19

IES Nº1 Carballiño
   
20

   
Taxonomía