Converxencias Arte e Ciencia 2024

Enviado por admin o Xov, 10/05/2023 - 01:15

Converxencias Arte e Ciencia 2024

Converxencias arte e ciencia. Visitas escolares á exposición e obradoiro en xaneiro, do luns 22 ao venres 26. 

A exposición "Converxencias, arte e ciencia", organizada pola Institución Galega de Ciencia (IGACIENCIA) e o Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, enmárcase dentro das actividades de difusión da ciencia e da cultura científica na sociedade, para mostrar as sinerxías e vínculos entre a arte e a ciencia, propiciar a comprensión do método científico, a resolución de problemas, o espírito crítico e o interese social pola ciencia e a innovación como base do progreso.

A quen vai dirixido?:

Alumnado de ESO, BACH e FP do Concello da Coruña e de toda Galicia.

Tamén existe a posibilidade de adaptar a sesión para a Escola de Arte e a Universidade da Coruña.

Prezo / Custo:

Gratuíto.

Obxecto:

O obxectivo fundamental dos talleres-exposición é ilustrar e profundar no diálogo entre a ciencia, a arte e a tecnoloxía, primando en todo momento a compoñente didáctica e divulgativa para achegarse ao público xeral e, especialmente, á mocidade. Trátase dunha proposta que propicia o tratamento STEAM nas aulas (ciencia, tecnoloxía, enxeñería, arte e matemáticas). Unha maneira de traballar a ciencia e a arte en proxectos conxuntos, que impliquen ámbolos dous polos.

Na exposición preténdese explorar esa interacción dinámica das conexións entre a arte e a ciencia, para establecer visións integradas e integradoras, para iso selecciónanse obras e autores representativos de distintos movementos artísticos ao longo do tempo.

Nesta ocasión a viaxe iníciase na arte celta e céntrase especialmente en movementos artísticos dos últimos séculos para rematar con obras de arte dixital 3D, de Manuel Díaz Regueiro, recentemente expostas en congresos internacionais.

A exposición implicitamente denota taller-exposición, coa seguinte estrutura:

ESTRUTURA E COMPOSICIÓN DA PROPOSTA PARA 2024

Cada grupo realizará as seguintes actividades:

-Presentacn animada sobre o uso das matemáticas no método compositivo e o uso da cor por Juan Gris. O Cubismo

-Parte expositiva

  • Paneis interpretativos que poñen de manifesto as conexións coa ciencia das distintas obras obxecto de análise.
  • Obras de arte dixital impresas en 3D de Manuel Díaz.
  • Algún dos poliedros realizados por centros educativos e premiados no concurso Novos Poliedros, realizados no 2021-23.

-Obradoiros

En función das características do grupo, desenvolveranse algúns dos seguintes obradoiros para implementar a parte expositiva:

  • Conxunto de actividades relacionadas coa simetría:
    • Simetrías 2D (Libros de espellos, escritura de Leonardo, programa os 17 grupos de simetrías…)
    • Simetrías 3d (poliedros, simetrías especulares, caleidoscopios poliédricos…)
  • Tramas e ilusións ópticas;
  • Espirais de Fibonacci;
  • Topoloxía. Cordas topolóxicas e banda de Möebius
  • Creando e interpretando mosaicos: xogo da Alhambra, tipo Escher, de Penrose
  • Grupos. Dun poliedro ou dunha figura plana
  • Zome, Polidróns, Icosaedro áureo, Tensegridades, Xogos 3D…
  • Os poliedros na arte

Cando:

Dende o 22/01/2024 ata o 26/01/2024

Do 22 ao 26 de xaneiro: visitas e talleres para os centros educativos de 2 horas de duración, en horario de 9:15 a 11:15, 10:50 a 12:50 e 12:30 a 14:30.

Do 22 ao 26 de xaneiro: parte expositiva aberta ao público en xeral, en horario de 15:00 a 21:00 h.

Inscrición:

Realizarase a través do formulario que se atopa ao final desta entrada.

Prazo de inscrición para os centros educativos do concello da Coruña, un grupo por centro: desde o 1/12/2023, ás 10 h, ata o 17/12/2023, ás 14 h.

Prazo de inscrición para os centros educativos doutros concellos, un grupo por centro: 18/12/2024, ás 10 h, ao 11/01/2024, ás 14 h.

De ter posibilidade, os centros de calquera municipio, poderán inscribir un segundo grupo do 12/01/2024, ás 10 h, ao 16/01/2024, ás 14 h.

Contacto:

IGACIENCIA

Inés Ben

secretaria@igaciencia.org

Servizo Municipal de Educación

Tel. 981 184 200 (ext. 12041). educacion@coruna.es

Requisitos:

Preferiblemente grupos de ata 40/sesión.

Organizador:

IGACIENCIA http://www.igaciencia.eu

Programa financiado polo Concello da Coruña

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora A Coruña

Inscrición: Faise nesta mesma entrada cubrindo o formulario.

Prégase que os centros da Coruña, se é posible, se inscriban na primera hora para facilitar o acceso, se quedan ocos libres, a centros doutros concellos.  Nesta ocasión, os centros da Coruña non contarán con autobús disposto polo concello.

A orde de inscrición guiará o calendario que está aquí, consúltao antes de inscribirte. Máis información e detalles neste pdf.

 

Data preferida
Luns
Martes
mércores
xoves
Venres
Hora preferida
Exemplos
5º e 6º
2º ESO,3ºESO, 4ºESO, 1º Bach
1º BAC    E  4º ESO
FP de grao Medio
Taxonomía