Videoconferencias do mes da Ciencia en Galego (novembro 2025)

Enviado por admin o Mér, 09/24/2025 - 21:14

Entre as actividades programadas para esta celebración destacamos:
-Emisión de Videoconferencias realizadas co patrocinio da Xunta de Galicia.

A continuación, figura o programa, que xira sobre as temáticas do Ano Internacional da Física Cuántica, sobre o Ano Internacional da Preservación dos Glaciares  e da Xenómica.
 

Dra. Marta Vila Taboada.
Departamento de Bioloxía. Facultade de Ciencias. UdC.
Data: 6 de novembro, xoves, ás 11 h.

 Título: Historia dalgunhas especies galegas en relación ao glaciarismo pleistoceno

Resumo:

Onde viven os distintos animais e plantas depende de factores propios da especie (como a súa capacidade de dispersión) e de condicionantes ambientais. Por exemplo, hai especies de bolboretas que só viven nas montañas, sen atopalas nunca a baixa altitude.

A paisaxe que temos agora en Galicia xa é diferente da que había no século XIX, pero é extraordinariamente distinta da que houbo hai arredor de 20.000 anos cando estabamos no chamado "último máximo glaciar", cando a nosa rexión albergou mesmo mamuts e renos.

Nesta charla resumireivos o que se sabe do glaciarismo pleistoceno no noroeste Ibérico e como conxugamos esa información cos datos 

O enlace para efectuar esta conexión o día 6 de novembro é: 

https://youtube.com/live/WY6tWdcmFsw?feature=share

 

Dr. Jorge Mira Pérez.
 Catedrático de Electromagnetismo. Facultade de Física. Universidade de Santiago.

Medalla Galicia de Investigación 2022 - área de física, matemática e ciencias da computación
Premio da Confederación de Sociedades Científicas de España á comunicación da ciencia 2023
Data: 20 de novembro, xoves, ás 11 h

 

Título: A luz: nai da cuántica e da relatividade

Resumo: 

A finais do século XIX a física tiña case todos os problemas resoltos, agás dúas pequenas cuestións: a maneira na que emitía e absorbía luz unha cavidade escura, e un experimento sobre a medida da velocidade da luz.
Esas dúas pequenas cuestións desembocaron finalmente en dúas das meirandes revolucións da ciencia: o  nacemento da chamada mecánica cuántica, que permitiu comprender o funcionamento do universo na escala do máis pequeno; e o nacemento da chamada teoría da relatividade, que cambiou o noso concepto de espazo e de tempo e que levou a unha nova maneira de entender a forza da gravidade.

O enlace para efectuar esta conexión o día 20 de novembro é: 

https://youtube.com/live/LbcrAgjx21U?feature=share

Dr. Ángel Carracedo Álvarez.
Catedrático da Universidade de Santiago de Compostela e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica (Consellería de Sanidade)
Data: 25 de novembro, ás 12:00 h

Título:  Que é e por que é tan importante o Proxecto Xenoma Galicia, e que beneficios vai traer?

Resumo:

O Proxecto Xenoma Galicia, co que intentamos secuenciar o xenoma completo de 400,000 galegos e que ademais ofrece un cribado de cancro de mama e ovario hereditario, síndrome de Lynch e hipercolesterolemia, é, por porcentaxe de poboación, o proxecto de xenómica poboacional máis importante do mundo. Vai representar unha revolución sen precedentes no noso sistema de investigación e nos sectores biotecnolóxico e farmacéutico, nos que podemos chegar a ser dos máis punteiros do mundo e supoñer un resultado directo en sáude para a nosa xente

O enlace para efectuar esta conexión o día 25 de novembro é: 

https://youtube.com/live/rf6wt_RQlm4?feature=share

Tamén, podedes consultalos na seguinte ligazón: 

https://www.youtube.com/@igaciencia1/streams

No caso de producirse algunha incidencia durante a emisión, tamén se poñerá nesa ligazón o enlace alternativo.

Para poder realizar preguntas en directo aos relatores e relatora, é preciso Subscríbirse á canle de Igaciencia

Ver XVI día da Ciencia en Galego para ampliar a información das temáticas deste XVI día.

A continuación, o formulario de inscrición, que finalizará unha semana antes da data de emisión de cada conferencia.

Videoconferencia
Día 6 de novembro ás 11h,Historia dalgunhas especies galegas en relación ao glaciarismo pleistoceno
Día 20 de novembro, ás 11h. A luz: nai da cuántica e da relatividade
Día 25 de novembro. ás12h. Que é e por que é tan importante o Proxecto Xenoma Galicia, e que beneficios vai traer?
Exemplos
5º e 6º
2º ESO,3ºESO, 4ºESO, 1º Bach
1º BAC    E  4º ESO
FP de grao Medio