Entrega de Premios o día 10 de decembro ás 11 horas, na Rúa de San Roque, 2, 15704 Santiago de Compostela
Prazo de inscrición: 3o de novembro. Sen inscribirse non se admiten vídeos.
Un dos concursos que propuxemos o ano pasado foi o de Vídeos científicos sobre Astronomía, https://igaciencia.eu/gl/node/439. Nesa ligazón podedes ver propostas que vos poden dar ideas e servir de modelo sobre o tipo de experimentos e vídeos científicos que esperamos recibir (agás os que xa se fixeron na convocatoria dese ano).
En canto á temática, ademais de Astronomía, vale calquera vídeo sobre un tema científico que visualice un experimento coa correspondente explicación. Debe estar feito en galego. Lembramos que podedes tamén extraer ideas doutros concursos que temos promovido: Sensores e App Inventor. Para ampliar información pulsade Sensores e Inventa en galego no Menú.
Se queredes abordar un tema determinado, se podemos, intentaremos facilitarvos exemplos da bibliografía que coñecemos.
Todos estes experimentos deben ter por resultado un vídeo en galego, feito polo alumnado e profesorado e ser enviado antes do día 1 de decembro, xa que a entrega de premios farase en San Roque, en Santiago, sobre o día 10 de decembro.
Non esquezamos que levamos varios anos realizando un concurso de construción de Novos Poliedros. Esa temática tamén está incluída neste concurso. Os vídeos deben mostrar a construción e os problemas a resolver para realizala. Neste caso, os poliedros deben ser os propostos para este ano, que figuran a continuación. Nos poliedros, ademais de facelos, valorarase que expliquedes porque non son regulares, nin arquimedianos, nin de Catalán, nin uniformes, nin de Johnson, pero por que son case, case,... Non cómpre que teñan cor. E puntuarase o nome que lle asignedes en galego, sempre que describa o poliedro. Unha vez seleccionado o poliedro, podemos aportar os polígonos que os forman en STL, ou o listado dos vértices, se o necesitades.
Os tres poliedros elixidos, non pertencen á "aristocracia" dos poliedros pero son belos e ademais teñen unhas características que os fan "próximos".
n=142 CPI Cabo da Area de Laxe
n=140 IES Menéndez Pidal da Coruña
n=414
Vídeos científicos: A relatividade, do IESp Eusebio da Guarda, A Coruña
O efecto Invernadoiro, do CPI VIRXE DO MONTE, Cospeito
Somos materia de Estrelas CPI Plurilingüe de Castroverde
Premios, en total: 5 premios de 200 euros e libros. Só un premio por centro. Os vídeos deberán vir acompañados da autorización correspondente para, no caso de ser premiados, subilos ao youtube de Igaciencia.