Converxencias Arte e Ciencia 2026 na Coruña

Enviado por admin o Dom, 10/26/2025 - 10:41

Converxencias Arte e Ciencia 2026. Juan Gris

Unha viaxe polas obras de autores representativos de distintos movementos artísticos ao longo do tempo -desde a arte celta á arte dixital 3D-, deténdose especialmente no Cubismo e no proceso creativo de Juan Gris.

A exposición "Converxencias, arte e ciencia", organizada pola Institución Galega de Ciencia (IGACIENCIA) e o Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, enmárcase dentro das actividades de difusión da ciencia e da cultura científica na sociedade, para mostrar as sinerxías e vínculos entre a arte e a ciencia, propiciar a comprensión do método científico, a resolución de problemas, o espírito crítico e o interese social pola ciencia e a innovación como base do progreso.

A quen vai dirixido?:

Alumnado de ESO, BACH e FP do Concello da Coruña e de toda Galicia.

Tamén existe a posibilidade de adaptar a sesión para a Escola de Arte e a Universidade da Coruña.

Prezo / Custo:

Gratuíto.

Obxecto:

O obxectivo fundamental dos talleres-exposición é ilustrar e profundar no diálogo entre a ciencia, a arte e a tecnoloxía, primando en todo momento a compoñente didáctica e divulgativa para achegarse ao público xeral e, especialmente, á mocidade. Trátase dunha proposta que propicia o tratamento STEAM nas aulas (ciencia, tecnoloxía, enxeñería, arte e matemáticas). Unha maneira de traballar a ciencia e a arte en proxectos conxuntos que impliquen ámbolos dous polos.

Na exposición preténdese explorar esa interacción dinámica das conexións entre a arte e a ciencia, para establecer visións integradas e integradoras, para iso selecciónanse obras e autores representativos de distintos movementos artísticos ao longo do tempo.

Nesta ocasión a viaxe iníciase na arte celta e céntrase especialmente en movementos artísticos dos últimos séculos para rematar con obras de arte dixital 3D, de Manuel Díaz Regueiro, recentemente expostas en 15 congresos internacionais.

A exposición implicitamente denota taller-exposición, coa seguinte estrutura:

ESTRUTURA E COMPOSICIÓN DA PROPOSTA PARA 2026

Cada grupo realizará as seguintes actividades:

- Anatomía do Cubismo: Arte, Ciencia e o Proceso Creativo de Juan Gris.

Relación entre o Cubismo e a teoría da relatividade. Juan Gris: O Algoritmo Cubista. Presentación animada sobre o uso das matemáticas e da cor no seu método compositivo.

-Parte expositiva

  • Paneis interpretativos que poñen de manifesto as conexións coa ciencia das distintas obras obxecto de análise.
  • Obras de arte dixital impresas en 3D de Manuel Díaz.

-Obradoiros

Para implementar a parte expositiva, en función das características do grupo, desenvolveranse algúns dos seguintes obradoiros:

  • Conxunto de actividades relacionadas coa simetría:
    • Simetrías 2D (Libros de espellos, escritura de Leonardo, programa os 17 grupos de simetrías…)
    • Simetrías 3d (poliedros, simetrías especulares, caleidoscopios poliédricos…)
  • Tramas e ilusións ópticas;
  • Espirais de Fibonacci;
  • Topoloxía. Cordas topolóxicas e banda de Möebius
  • Creando e interpretando mosaicos: xogo da Alhambra, tipo Escher, de Penrose.
  • Grupos. Dun poliedro ou dunha figura plana
  • Zome, Polidróns, Icosaedro áureo, Tensegridades, Xogos 3D…
  • Os poliedros na arte

Cando:

Dende o 26/01/2026 ata o 30/01/2026

•          Visitas e talleres para os centros educativos de dúas horas de duración. Horarios:

o          De 09:15 a 11:15

o          De 10:45 a 12:45

o          De 12:15 a 14:15

•          Parte expositiva aberta ao público en xeral, en horario de 15:00 a 21:00 h.

 

Inscrición:

Realizarase a través do formulario que se atopa ao final desta entrada, dende o 9/12/2025 ata o 19/01/2026

•          Prazo de inscrición para os centros educativos do Concello da Coruña (un grupo por centro): do 9/12/2025 (ás 10:00h) ao 12/12/2025 (ás 14:00h).

•          Prazo de inscrición para os centros educativos doutros concellos (un grupo por centro): do 15/12/2025 (ás 10:00h) ao 19/12/2025 ás 14:00 h).

•          No caso de que non se cubran todos os espazos, os centros de calquera concello poden inscribir un segundo grupo: do 12/01/2026 (ás 10:00h) ao 19/01/2026 (ás 14:00h).

CONTACTO:

Contacto:

IGACIENCIA

Inés Ben

secretaria@igaciencia.org

Servizo Municipal de Educación

Tel. 981 184 200 (ext. 10911). educacion@coruna.gal

Requisitos:

Preferiblemente grupos de ata 40/sesión.

Organizador:

IGACIENCIA http://www.igaciencia.eu

Programa financiado polo Concello da Coruña

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora.  A Coruña

Inscrición: Faise nesta mesma entrada cubrindo o formulario.

Prégase que os centros da Coruña, se é posible, se inscriban na primeira hora para facilitar o acceso, se quedan ocos libres, a centros doutros concellos.

A orde de inscrición guiará o calendario que está aquí, consúltao antes de inscribirte. Máis información e detalles neste pdf.

Inscrición:

Realizarase a través do formulario que se atopa ao final desta entrada.

Prazo de inscrición para os centros educativos do concello da Coruña, un grupo por centro: desde o 9 (ás 10 h) ao 12 de decembro, (ás 14 h).

Prazo de inscrición para os centros educativos doutros concellos, un grupo por centro: do 15 (ás 10 h) ao 19 de decembro (ás 14 h)

De ter posibilidade, os centros de calquera municipio, poderán inscribir un segundo grupo do 12 (ás 10 h) de xaneiro, ao 19 de xaneiro (ás 14 h).

Data preferida
Luns
Martes
mércores
xoves
Venres
Hora preferida
Exemplos
5º e 6º
2º ESO,3ºESO, 4ºESO, 1º Bach
1º BAC    E  4º ESO
FP de grao Medio
Taxonomía