EXPOSICIÓN “Patróns de Beleza” en Santiago
Arte · Matemáticas · STEAM
Organizada por Igaciencia coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo, na Sala de Exposicións da Deputación de Lugo en Praza de San Marcos. Do 9 ao 30 de xuño de 2026 celebrouse a primeira exposición "Patróns de Beleza" pola que pasaron varios centenares de persoas (un centenar de participantes da Olimpiada Matemática da FESPM e algún centro)
Pero terá continuidade no mes de novembro na USC, no reitorado, no piso da Biblioteca. Inaugurarase o 25 de novembro, ás 12 h. no Pazo de San Xerome, en Santiago.
A Exposición Patróns de Beleza abre as súas portas para mostrar como as matemáticas, a ciencia e a arte poden atoparse nun territorio común: a beleza. Unha invitación para descubrir que pensar tamén é crear.
Unha mostra única
En Simetría na Arte detállase toda a exposición
A exposición reúne máis de 70 obras de arte dixital en impresión 3D, xunto con pezas 2D que abarcan:
• Arte islámica clásica presente na Alhambra
• Mosaicos contemporáneos
• Arte algorítmica, l-systems e kolam
• Carteis sobre simetría, poliedros, ambo de Conway e obras presentadas en Congresos internacionais de arte e matemáticas, Bridges.
• Outros carteis que estarán na web: Simetría en Física e Matemáticas, 17 grupos de Simetría no plano, 230 grupos de Simetría no espazo, Kepler e a rectificación e o ambo de Conway ou New Polyhedra with Ambo
• Unha colección audiovisual con 50 vídeos sobre Fractais Menger-Diaz, poliedros, simetrías e octógonos iranianos, ademais dos vídeos que están na web
Un percorrido que revela como as matemáticas poden ser unha fonte inesgotable de creatividade.
Obxectivos
• Valorar as obras pola súa beleza
• Mostrar como as matemáticas e o STEAM inspiran procesos creativos
• Explicar conceptos matemáticos a través da arte
• Romper estereotipos sobre a frialdade das matemáticas e a complexidade da ciencia
Convocatoria a centros educativos
Invitamos aos centros educativos e aos profesores e alumnos da USC (especialmente de Matemáticas, Física e Química e Informática) a asistir á citada inauguración o día 25 de novembro e a participar nas visitas guiadas, especialmente deseñadas para alumnado de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos (sempre que exista interese por parte dos posibles asistentes e se consiga financiamento para isto). Podedes manifestar o voso interese nas visitas guiadas no contacto desta web.
Unha experiencia para descubrir a beleza de pensar
A Exposición Patróns de Beleza invita a mirar as matemáticas desde outro lugar: como unha linguaxe visual, como unha ferramenta creativa, como unha forma de comprender o mundo.
Patróns de Beleza en Lugo en xuño 2026
Citas de Arte e Ciencia
It is more important to have beauty in one's equations than to have them fit experiment. Paul Dirac
The mathematician's patterns, like the painter's or the poet's must be beautiful; the ideas, like the colors or the words must fit together in a harmonious way. Beauty is the first test: there is no permanent place in this world for ugly mathematics.
I am interested in mathematics only as a creative art. G.H.Hardy (from A Mathematician's Apology)
"The most beautiful experience we can have is the mysterious. It is the fundamental emotion that stands at the cradle of true art and true science." - Albert Einstein
The scientist does not study nature because it is useful; he studies it because he delights in it, and he delights in it because it is beautiful. Henri Poincare
It is impossible to be a mathematician without being a poet in soul. Sophia Kovalevskaya
Credo in un ordine geometrico del mondo (J. Kepler)
Si può affermare, senza grande esagerazione, che la fisica è lo studio della simmetria. (P.W. Anderson)
“A beleza é a verdade, a verdade a beleza”
– É tudo o que há para saber, JOHN KEATS, “Ode sobre uma urna grega”
Symmetry gives wings to our creativity. Nature, at its most fundamental level, is defined by symmetry. Symmetry, as wide or as narrow as you define its meaning, is one idea by which man through the ages has tried to comprehend and create order, beauty and perfection. -Hermann Weyl, Symmetry
- Log in to post comments