Gañadores do Rally Matemático e Científico sen Fronteiras 2016

Enviado por admin o

O día 8 de abril realizouse na Facultade de Química a final da fase autonómica. Acudiron os 15 grupos finalistas da fase de centros.

Ao remate das probas entregáronse os agasallos a todos os participantes. Resultaron clasificados en cada unha das categorías para viaxar á superfinal de Toulouse, o día 13 de maio, os seguintes centros:

 Matemáticas

1º de ESO

IES a Sangriña de A Guarda. 1A.  Profesora Carmen López Fernández

Finalistas do Rally Matemático e Científico sen Fronteiras 2016

Enviado por admin o

Parabéns a todos os participantes polos resultados e o bo funcionamento dos grupos!

Os gañadores desta fase asistirán á final galega e á entrega de premios o día 8 de abril na aula de Bioloxía da Facultade de Química, ás 11:30 horas os grupos de 4º de ESO e ás 12 da mañá os grupos de 1º,2º e 3º de ESO. 

Os alumnos virán co DNI correspondente.

Actividades de Igaciencia no Primeiro Cuatrimestre de 2016

Enviado por admin o

-Robótica

Para que os centros podan organizar o seu calendario de actividades extraescolares do curso, comunicamos que o Concurso Galego de Robótica celebrarase nas sedes da Fundación Barrié de Vigo e A Coruña os días seguintes:

Vigo do 12 ao 15 de abril na sede de Vigo, Policarpo Sanz 31, 36202 Vigo.

A Coruña, do 18 ao 22 de abril na sede de A Coruña, Rúa Cantón Grande, 9, 15003 A Coruña

Conferencia de Ánxela Bugallo sobre Isidro Parga Pondal, organizada por Igaciencia

Enviado por admin o

No IES Menéndez Pidal de Zalaeta, en A Coruña o 18-11, celebrouse unha conferencia de Ánxela Bugallo, profesora da Facultade de Formación do Profesorado da Coruña, organizada por Igaciencia, sobre Isidro Parga Pondal co motivo do dia (mes) da Ciencia en Galego. A conferencia, moi interesante, destacou a Isidro Parga Pondal como o modelo de galego ao que non hai barreiras impostas que lle impidan progresar, máis que os sufrimentos e represalias que sufreu (como vén sendo habitual).