Congreso de Software Libre

Congreso de Igaciencia: Intelixencia Artificial

Submitted by admin on Thu, 09/09/2021 - 11:42

Congreso de Igaciencia: Intelixencia Artificial

O día 30 de outubro, no  Citius en Santiago, en horario de 9:45 a 14:15 horas e de 16 a 19:45 horas celebrarase o congreso de Igaciencia sobre Intelixencia Arfificial coas motivacións seguintes:

-Divulgación dos avances científicos nese campo.

-Celebrar unha das temáticas do mes da Ciencia en Galego deste ano, a Intelixencia Artificial.

Resumo Anual e actividades directas de Igaciencia en Ciencia en Galego

Submitted by admin on Tue, 12/20/2016 - 16:32

Citamos, a modo de breve resumo, as actividades que realizamos en Igaciencia ao longo do ano 2016. Comezamos polo¡a entrega de premios de Sensores e Inventa en Galego en febreiro e polo  Rally Científico e Matemático en marzo e abril, a continuación realizamos o VIII Concurso Galego de Robótica en A Coruña e Vigo e a súa espectacular final (2300 alumnos) e, en maio, os nosos centros quedaron campións na Superfinal do Rally Matemático en Toulouse.

Datos do V Congreso de Software Libre e Foro libre para Educación

Submitted by admin on Mon, 05/16/2016 - 16:32

V CONGRESO DE SOFTWARE LIBRE E FORO LIBRE PARA EDUCACIÓN

OBXECTIVOS DA ACTIVIDADE.-

-Propiciar o intercambio e coñecemento mutuo entre investigadores e profesores de educación na área de software libre e como foro libre de intercambio TIC para o seu uso en educación.