Final da fase galega do Rally Científico Matemático, comezo da fase internacional

Submitted by admin on Fri, 03/31/2017 - 16:32

Finalizada a proba galega do Rally matemática e a correspondente entrega de premios, o xoves día 30 de marzo na Facultade de Química, xa coñecemos os grupos que nos  representantarán na fase internacional que terá lugar en Toulouse.

1º de ESO Matemáticas

IES Plurilingüe Rosalía de Castro-Santiago. Curso 1º ESO A. Profesora Sara María López Álvarez.

2º de ESO Matemáticas

IES O Couto-Ourense. Curso 2º ESO B. Profesora Rosa Díaz Lama

3º ESO Matemáticas

IES Eduardo Blanco Amor-Ourense. Curso 3º B. Profesor Carlos Ferreiro García

Obradoiro e Concurso de Robótica en A Coruña. Abril 2017

Submitted by admin on Tue, 01/31/2017 - 16:32

Inscríbete nesta mesma páxina

Antes de realizar a inscrición é conveniente que lembres que:

Cómpre mirar antes de cubrir o formulario o CALENDARIO PROVISIONAL  que se irá cumplimentando paulatinamente, de maneira case inmediata os dous primeiros días. Posteriormente débese comprobar se o centro aparece no calendario pois esa é a confirmación de que a inscrición se realizou con éxito. Lembrade refrescar a páxina para ir vendo os cambios.

Obradoiro e Concurso de Robótica en Vigo. Abril 2017

Submitted by admin on Tue, 01/31/2017 - 16:32

Inscríbete nesta mesma páxina

Antes de realizar a inscrición é conveniente que lembres que:

Cómpre mirar antes de cubrir o formulario o CALENDARIO PROVISIONAL  que se irá cumplimentando paulatinamente, de maneira case inmediata os dous primeiros días. Posteriormente débese comprobar se o centro aparece no calendario pois esa é a confirmación de que a inscrición se realizou con éxito.

Obradoiro e Concurso Galego de Robótica 2017

Submitted by admin on Mon, 01/30/2017 - 16:32

Obradoiro e Concurso Galego de Robótica 2017

Celebrarase en Vigo os días 4, 5, 6 e 7 de Abril e en Coruña os días 24, 25, 26, 27 e 28 de abril. Final sobre o 4 ou 5 de maio de 2017

Lugar:

En Vigo, na Fundación Barrié, Rúa Policarpo Sanz, 31, 36202 Vigo, Pontevedra. 

En Coruña, na Fundación Barrié, Rúa Cantón Grande, 9, 15003 A Coruña

Categorías:

Destinado a alumnado de 5º e 6º de Primaria, ESO,  Bacharelato e 1º ciclo de FP.

Inventa en Galego (con App Inventor). Concurso de Sensores. Concurso de actividades con GPS no ano das Viaxes científicas.

Submitted by admin on Sun, 01/22/2017 - 16:32

Inventa en Galego (con App Inventor)

As bases, que podedes ver aquí, son semellantes ás de dous anos anteriores e tamén contará co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e de Igaciencia. A modo de resumo, céntrase en:

Crear programas en App Inventor por un equipo de alumnos e alumnas de Primaria ou Secundaria de Galicia, presentados por un ou unha profesor/a.