X Congreso de Igaciencia: Crear, presentar e divulgar arte dixital 3D
Convocado por IGACIENCIA
Programa provisional e relatores. Días 3 e 4 de xullo de 2023
Desenvolverase en xullo de 2023, durante os días 3 e 4 (horario de 10 a 14 h e de 16 a 20 horas.
Valoración en horas de formación: 16 horas (solicitada homologación á Consellería de Educación, concedida a petición de homologación previa e provisional da actividade)
Subvencionado Pola Deputación da Coruña
Relatores:
Xacobo de Toro Cacharrón, CPI O Cruce, Cerceda
Fotografía 360; montaremos un vídeo coma este
https://app.Lumi.education/content/6453626e14e3886893c6dcb4 E exploraremos o resultado en gafas óculos
En xeral, obras sobre xeoloxía de Xacobo.
Fiz Cabanas Muíños CPR Obradoiro A Coruña
Óculus, Realidade Virtual e Metaverso: prática e como funcionan
Rafael González Ferreira, Enxeñeiro
3d e arte dixital. Blender e o novo paradigma da IA. Blockchain e os NFTs como novo modelo na creación de arte dixital.
Este módulo pretende abordar Blender, desde uns coñecementos moi básicos previos, cunha perspectiva actual e práctica no mundo da creación de arte dixital.
- Bloque inicial.
- Breve introdución orientada a uso. Tendencias dos últimos anos, novidades das últimas versións e primeiros enfoques da “nodificación” no mundo do software de deseño. Repaso aos distintos módulos que compoñen Blender, e entender como é que cada un deles da servicio ao “pipeline” do artista xeneralista. Traballaremos exemplos prácticos.
- Geometry Nodes: coñeceremos como funciona o módulo mais potente que está a revolucionar a industria. As funcionalidades baseadas en modelado de procesos, que dan lugar a ferramentas “procedurais” e permiten crear infinidade de solucións paramétricas. Veremos exemplos de monetización (o caso de éxito de “Sanctus”) mediante a comercialización de addons.
- Conceptos mais avanzados: daremos un repaso a conceptos coma modelado e escultura, escultura VR, motores de render, iluminación, especialidade en xeración de escenas (environment), selección dos mellores addons gratuitos e de pago, granxas de renderizado, ferramentas complementarias, recursos gratuitos de dominio público (HDRi, modelos, animacións), compositing.
- Bloque IA: que pode facer a IA por ti en Blender?
- Caso práctico: ferramentas para a xeración de texturas usables en Blender.
- Caso práctico: ferramentas de scripting mediante ChatGPT como apoio para xente sen experiencia en programación.
- Tendencias e outras ferramentas baseadas en Intelixencia Artificial.
- Bloque NFTs
- Caso práctico: Que é un NFT? Que non é un NFT. O caso de @annadreambrush
- Un pequeno repaso ao marketplace do mundo NFT: onde se publica, como se paga.
Caso práctico: a miña experiencia creando un NFT en foundation.app.
Realidade Aumentada
Manuel Díaz Regueiro, Igaciencia, http://galega.org
Crear Arte dixital. Arte Dixital 3D con Javascript (Three.JS)
Explorar posibilidades de Asociación de creación 3D galega para facilitar a difusión da Arte Dixital Galega
Lugar de celebración: CNTG Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade . Rúa Airas Nunes, s/n – Conxo,15702 - Santiago de Compostela, A Coruña Mapa de acceso ao centro
Prazas: 40 máximo
Destinatarios.- Profesorado de Primaria e de Secundaria. Poderán asistir tamén a algúns convidados que se inscriban gratuitamente, de haber prazas libres.
Custo da matrícula.- Gratuíta.
Criterios de selección.- Profesorado en exercicio e orde de chegada da inscrición.
Vídeos de Tomás López Retorta feitos con Blender sobre arte 3d de Manuel Díaz
- Log in to post comments