Gañadores do V Concurso Galego de Robótica

Enviado por admin o Ven, 03/01/2013 - 16:32

Categoría Secundaria Obrigatoria.

1º premio IES Francisco Asorey  de Cambados

2º premio ex aequo IES A Cachada de Boiro, IES de Tomiño, IES Canido de Ferrol

Categoría Bacharelato e Ciclos Fomativos

1º premio IES Perdouro de Burela

2º premio IES Pontepedriña de Santiago

Unha actividade que non podemos perder

Enviado por admin o Mar, 02/26/2013 - 16:32

Os profesores e profesoras indícannos a satisfacción de participar no Obradoiro e V Concurso Galego de Robótica

--Unha actividade á que non podemos deixar de asistir. E unha das poucas que merecen a pena

--Os rapaces querían estar varias horas máis ou volver outro día

--Estarei atenta á convocatoria do ano que vén

--Voume encantada de ter participado, etc. Algunhas fotos

Ano Internacional e Galego da Estatistica 2013

Enviado por admin o Mar, 02/19/2013 - 16:32

Sgapeio  infórmanos que: Apertura do Ano Internacional da Estatística

O dia 16 de febreiro de 2013 tivo lugar, na Facultade de Matemáticas, a apertura do Ano Internacional da Estatística coa conferencia titulada "Ata onde as finanzas se poden contar", impartida por Silvia Barco Tato, Directora de Control Financiero e Middle Office no Banco Gallego. A presentación desta conferencia, en formato pdf, está dispoñible na páxina Web da SGAPEIO, no menú "Formación e Actividades - Ano Internacional".

Etiquetas

FAQ do Rally

Enviado por admin o Lun, 02/18/2013 - 16:32

-A que hora comeza a proba?

1,3,e 4º de Matemáticas realízanse ás 16 horas. 2º de Ciencia é as 16 horas. Pero 4º de Ciencias é unha hora máis tarde. Por que?

En principio todas eran as 16 horas, pero xa que hai alumnos e alumnas de 4 de matemáticas que participan en matemáticas e ciencias, para facilitarlles a participación nas dúas probas, poñemos a de ciencias de 4º so, 1 hora máis tarde. Comezará as 5 da tarde

EducaBarrié colabora cos Museos Científicos Coruñeses na Convocatoria do Premio Luis Freire de Investigación Científica na Escola

Enviado por admin o Ven, 02/08/2013 - 16:32

EducaBarrié colabora cos Museos Científicos Coruñeses na Convocatoria do Premio Luis Freire de Investigación Científica na Escola, que invita os estudantes galegos de Secundaria a demostrar a súa creatividade científica, dando resposta mediante a experimentación ou o traballo de campo a preguntas relacionadas con feitos e procesos da vida cotiá, do seu ámbito máis inmediato.