Ciencia en Galego
Novos poliedros 2022. IES Menéndez Pidal (Zalaeta) da Coruña
Coma no ano pasado O IES de Zalaeta abraia co seu traballo. En principio só a metade! Parabéns Paz, Rapaces e Rapazas e IES
Poliedro - Beltrán Louzao Fernández-IES Menéndez Pidal Zalaeta.pdf
Conferencia sobre Ángeles Alvariño en Lugo o día 1 de decembro de 2022
O día 1 de decembro de 2022, ás 12 horas convocamos aos centros educativos que o desexen a acudir á Conferencia sobre Ángeles Alvariño, titulada: “Ángeles Alvariño, a vontade de facer ciencia de calidade en condicións difíciles” impartida polo Doutor Xosé Fraga, autor, precisamente, da biografía de Ángeles Alvariño no Album da Ciencia.
Videoconferencias do Mes da Ciencia en Galego 2022
Despois do éxito das Videoconferencias promovidas por Igaciencia polo Mes da Ciencia en Galego 2020 e 2021, que superaron cada ano os 8000 espectadores, dos centros educativos e público en xeral, estamos obrigados a repetir o esforzo no 2022, cunha serie de videoconferencias dirixidas aos centros educativos galegos, especialmente aos de secundaria.
Novos poliedros 2022
Convocamos, polo mes da Ciencia en galego 2022, e homenaxeando a Evarist Galois, o creador do concepto de grupo e da Simetría Científica que abrangue á Arte, ás Matemáticas, en especial a Física actual, a Química, A Cristalografía, os Grupos de Simetría planos (17) e aos grupos de Simetría espaciais (230), á Cosmoloxía,...Por segunda vez e esta vez dándolle un pequeno toque fractal, ademais de extremadamente simétrico aos poliedros propostos. Diciamos o ano pasado que:
Entrega de premios de Novos Poliedros
Podemos falar e facer moitas disquisicións sobre Simetría, Beleza, a súa relación e a súa implicación en moitas Ciencias e Artes, pero un resumo rápido é que entramos na Academia de Platón, sabemos Xeometría... Parabéns aos gañadores!!!
- Read more about Entrega de premios de Novos Poliedros
- Log in to post comments
Novos Poliedros
Imos testar a capacidade do galego para dar nomes universais coma poliedros, por exemplo. Sabemos xa que podemos nomear cada poliedro coñecido e dicilo perfectamente en galego. O galego pode cos poliedros. Pero o que nunca fixemos é inventar novos poliedros, e darlles nome galego. Un novo paso de nivel para o galego.



