Converxencias Arte e Ciencia na Coruña

Enviado por admin o Mar, 12/03/2019 - 13:04

Converxencias arte e ciencia. Visitas escolares á exposición e taller

A exposición "Converxencias, arte e ciencia", organizada pola Institución Galega de Ciencia (IGACIENCIA) e o Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, enmárcase dentro das actividades de difusión da ciencia e da cultura científica na sociedade, para mostrar as sinerxias e vínculos entre a arte e a ciencia, propiciar a comprensión do método científico, a resolución de problemas, o espírito crítico e o interese social pola ciencia e a innovación como base do progreso.

Resultado definitivo do X Concurso Galego de Robótica

Enviado por admin o Ven, 11/29/2019 - 19:15

O venres, día 29 de novembro ás 17 horas, realizouse a entrega de premios aos primeiros clasificados no X Concurso Galego de Robótica. Tivo lugar no salón de actos do IES Menéndez Pidal e foi presidida polo Concelleiro de Educación do Concello da Coruña, Jesús Celemín Santos, a directora do IES Menéndez Pidal, Estrella Pérez Freire e o Presidente da Institución Galega de Ciencia, Manuel Díaz Regueiro.

Clasificados en primeiro e segundo lugar en cada unha das categorías:

Primaria-1º de ESO.-

Converxencias Arte e Ciencia en Lugo

Enviado por admin o Mér, 11/06/2019 - 12:25

Convidamos aos centros educativos, especialmente aos da provincia de Lugo, a participar na exposición  Converxencias Arte e Ciencia  que se realizará no Museo Provincial de Lugo, desde o día 9 de decembr0 de 2019 ao 13 de decembro de 2019, en quendas de  dúas horas (9-11, 10:45-12:45, 12:3-14:30). Rogamos que os centros do concello de Lugo se apunten para as quendas da primeira hora, para facilitar a asistencia aos centros de fóra do concello. Cada centro, en principio, pode apuntar a un máximo de 50 alumnos.

Centros participantes

Enviado por admin o Ven, 10/11/2019 - 07:13

Moitas grazas ao profesorado e aos centros educativos pola confianza coa que acolledes as actividades de Igaciencia. Esperamos estar á altura das vosas expectativas. Neste momento están inscritos 33 centros educativos, 1153 alumnos e sobre 66 profesores e profesoras.  Tan só sentimos non poder dar cabida a todos os que querían participar na actividade e non atoparon un oco no calendario. 

X Obradoiro e Concurso Galego de Robótica. A Maxia da Robótica

Enviado por admin o Lun, 09/30/2019 - 18:58

A maxia da robótica. Taller e concurso galego de robótica

Trátase dun obradoiro de programación e robótica onde se adquire a formación precisa para resolver os desafíos da fase de concurso. Os conceptos computacionais utilízanse para enfocar e resolver problemas, comunicarnos e saber como darlle ordes a un robot e xestionar múltiples aspectos da vida cotiá nun futuro xa presente.

Realizarase na Coruña no IES Ramón Menéndez Pidal. 

Entrega de premios de Sensores para todos e Inventa en Galego

Enviado por admin o Lun, 06/24/2019 - 09:22

O día 20 de xuño entregamos os merecidos premios aos profesores e alumnos que os acadaron no IES Menéndez Pidal de  A Coruña. Iremos poñendo enlaces e fotos  sucesivamente. Primeiro, enlaces do concello de A Coruña

https://www.coruna.gal/educacion/es/actualidad/noticias/detalle-noticia/entregados-os-premios-do-concurso-sensores-para-todos-2019/suceso/1453699228610