Inventa en Galego (con App Inventor) 2020 e Concurso de Sensores para todos 2020
Inventa en Galego (con App Inventor) 2020
As Bases que podedes ver aquí, son semellantes ás dos tres anos anteriores e tamén contará co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e de Igaciencia. A modo de resumo, céntrase en:
Crear programas en App Inventor por un equipo de alumnos e alumnas de Primaria ou Secundaria de Galicia, presentados por un ou unha profesor/a.
Fotos e prensa de Arte e Ciencia en Lugo
http://ocioengalicia.com/lugo/arte-e-ciencia/
530 estudantes participarán esta semana no proxecto Arte e Ciencia, que acolle o Museo Provincial de Lugo
- Read more about Fotos e prensa de Arte e Ciencia en Lugo
- Log in to post comments
Converxencias Arte e Ciencia na Coruña
Converxencias arte e ciencia. Visitas escolares á exposición e taller
A exposición "Converxencias, arte e ciencia", organizada pola Institución Galega de Ciencia (IGACIENCIA) e o Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, enmárcase dentro das actividades de difusión da ciencia e da cultura científica na sociedade, para mostrar as sinerxias e vínculos entre a arte e a ciencia, propiciar a comprensión do método científico, a resolución de problemas, o espírito crítico e o interese social pola ciencia e a innovación como base do progreso.
Resultado definitivo do X Concurso Galego de Robótica
O venres, día 29 de novembro ás 17 horas, realizouse a entrega de premios aos primeiros clasificados no X Concurso Galego de Robótica. Tivo lugar no salón de actos do IES Menéndez Pidal e foi presidida polo Concelleiro de Educación do Concello da Coruña, Jesús Celemín Santos, a directora do IES Menéndez Pidal, Estrella Pérez Freire e o Presidente da Institución Galega de Ciencia, Manuel Díaz Regueiro.
Clasificados en primeiro e segundo lugar en cada unha das categorías:
Primaria-1º de ESO.-
Primeiras fotos do X Concurso de Robótica
Cando dicimos 1200 alumnos que pasan polo obradoiro concurso non se soe medir a implicación: hai momentos de 150 alumnos simultáneos no centro. Comprobádeo... e están aprendendo
- Read more about Primeiras fotos do X Concurso de Robótica
- Log in to post comments
Resultado definitivo do X Concurso Galego de Robótica
A día 29 de novembro, venres (ás 14 horas), os primeiros clasificados en cada unha das categorías son:
Primaria-1º de ESO.-CPI Atios de Valdoviño, IES Castro da Uz de As Pontes
2º-3º-4º da ESO.- IES Nº1 de Ribeira, IES de Breamo.
Bacharelato-FP.- Escolas Proval de Nigran e IES Isaac Díaz Pardo de Sada
CPI Atios de Valdoviño (mención especial*),
*Cada centro pode recibir un só premio, se coincide que ten 2 clasificados en primeiro lugar en distintas categoría, ten que elixir cal vai ser premio e cal mención especial.
Converxencias Arte e Ciencia en Lugo
Convidamos aos centros educativos, especialmente aos da provincia de Lugo, a participar na exposición Converxencias Arte e Ciencia que se realizará no Museo Provincial de Lugo, desde o día 9 de decembr0 de 2019 ao 13 de decembro de 2019, en quendas de dúas horas (9-11, 10:45-12:45, 12:3-14:30). Rogamos que os centros do concello de Lugo se apunten para as quendas da primeira hora, para facilitar a asistencia aos centros de fóra do concello. Cada centro, en principio, pode apuntar a un máximo de 50 alumnos.