Novos Poliedros

Submitted by admin on Tue, 09/21/2021 - 10:03

Imos testar a capacidade do galego para dar nomes universais coma poliedros, por exemplo. Sabemos xa que podemos nomear cada poliedro coñecido e dicilo perfectamente en galego. O galego pode cos poliedros. Pero o que nunca fixemos é inventar novos poliedros,  e darlles nome galego. Un novo paso de nivel para o galego.

Videoconferencias do mes da Ciencia en Galego 2021

Submitted by admin on Mon, 09/13/2021 - 16:40

Despois do éxito das Videoconferencias promovidas por Igaciencia polo mes da ciencia en galego 2020, con ao final máis de 8000 espectadores dos centros educativos e público en xeral, estamos obrigados a repetir o esforzo no 2021, cun plantel de Videoconferencias dirixidas aos centros educativos galegos, especialmente aos de primaria e secundaria.

XII Obradoiro e Concurso Galego de Robótica. A Maxia da Robótica e dos drons

Submitted by admin on Sun, 09/12/2021 - 17:21

A maxia da robótica. Taller e concurso galego de robótica

Ver as prazas xa cubertas antes de inscribirse

Trátase dun obradoiro de programación e robótica onde se adquire a formación precisa para resolver os desafíos da fase de concurso. Os conceptos computacionais utilízanse para enfocar e resolver problemas, comunicarnos e saber como darlle ordes a un robot e xestionar múltiples aspectos da vida cotiá nun futuro xa presente.

Realizarase na Coruña no Centro Ágora. 

Congreso de Igaciencia: Intelixencia Artificial

Submitted by admin on Thu, 09/09/2021 - 11:42

Congreso de Igaciencia: Intelixencia Artificial

O día 30 de outubro, no  Citius en Santiago, en horario de 9:45 a 14:15 horas e de 16 a 19:45 horas celebrarase o congreso de Igaciencia sobre Intelixencia Arfificial coas motivacións seguintes:

-Divulgación dos avances científicos nese campo.

-Celebrar unha das temáticas do mes da Ciencia en Galego deste ano, a Intelixencia Artificial.

Converxencias arte e ciencia: Escher

Submitted by admin on Wed, 09/01/2021 - 19:02

A exposición "Converxencias, arte e ciencia: Escher", organizada pola Institución Galega de Ciencia (IGACIENCIA) e o Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, enmárcase dentro do proxecto que se vén desenvolvendo de actividades de difusión da ciencia e da cultura científica na sociedade, especialmente para mostrar as sinerxías e vínculos entre a arte e a ciencia.

Rally Científico Matemático. Gañadores no 2021.

Submitted by admin on Mon, 04/26/2021 - 16:45

Parabéns a todo o profesorado e alumnado que participou nesta fase única do Rally 2021. Dada a inseguridade actual pola pandemia finalizamos o Rally neste punto. Haberá unha entrega de premios a finais de maio e a Ruta científica-matemática no Camiño de Santiago en xuño, na que participarán os primeiros equipos de cada categoría.

A confianza que depositamos na responsabilidade e implicación do profesorado cando iniciamos esta modalidade de participación, vese fortalecida máis cada ano polo voso bo facer e polo entusiasmo dos rapaces e rapazas.