Gañadores dos Concursos Inventa en Galego e Sensores para Todos
A entrega de premios farase no Centro Sociocultural Ágora de A Coruña, ás 11 e media da mañá do día 12 de decembro, venres. Os equipos gañadores farán unha presentación dos traballos merecedores dos premios. Parabéns a eses equipos gañadores, e aos profesores e profesoras que, como dicía Plutarco, ou Yeats, non conciben a educación dos rapaces como o traballo de encher un cubo senón de provocar un incendio de paixón pola Ciencia ("Education is not filling a bucket, but lighting a fire").
VII Obradoiro e Concurso Galego de Robótica
Cartel do VII Concurso Galego de Robótica
Sentimos non poder satisfacer todas as demandas de participación pero grazas polo voso interese pola robótica e a ciencia

- Read more about Cartel do VII Concurso Galego de Robótica
- Log in to post comments
VII Obradoiro e Concurso Galego de Robótica
Inscríbete nesta mesma páxina
- Read more about VII Obradoiro e Concurso Galego de Robótica
- Log in to post comments
Visitas Arte e Ciencia
O noso agradecemento a todos os visitantes, especialmente aos que nos acompañaron na inauguración e, sobre todo, ao profesorado que reiteradamente deposita a súa confianza en nós, en que as actividades que brindamos merecen incluso facer unha viaxe de moitos quilómetros para asistir a elas en exclusiva.
Balance da concorrencia á exposición Arte e Ciencia:
O número de asistentes superou as 500 persoas.
- Read more about Visitas Arte e Ciencia
- Log in to post comments
Participación no Obradoiro de Sensores
- Read more about Participación no Obradoiro de Sensores
- Log in to post comments
Obradoiro de sensores
Os máis de 200 alumnos que pasaron pola sala de exposicións o luns e o martes, 17 e 18 de novembro, saíron contentos e agradeceron a actividade de Igaciencia con aplausos finais. Entenderon a exposición, pois viron que ía dedicada á xente xove, e gozaron cos múltiplos exemplos de toma de datos e competición realizados. Grazas a todos, profesorado e alumnado, pola súa implicación:
- Read more about Obradoiro de sensores
- Log in to post comments
Arte e Ciencia. Inauguración
Grazas a todas e todos os que compartistes con nós a inauguración de Arte e Ciencia o pasado día 3 de novembro.
Achegamos algunhas imaxes.
O vindeiro luns, día 10, iniciase a semana dedicada ás visitas guiadas para os centros e grupos inscritos.
- Read more about Arte e Ciencia. Inauguración
- Log in to post comments