Primeiros pasos do Rally sen Fronteiras 2014

Submitted by admin on

Imos describir os pasos a dar polos participantes:

Primeiro, tratar o tema da participación na clase. Elixir grupos de 8 alumnos e alumnas entre os motivados a participar.

Segundo: inscribirse nesta web. Inscríbete aquí

Terceiro preparar aos alumnos

Cuarto: O día 17 de marzo, o día da proba, às 16 horas (un pouco antes) preparar unha aula cun ordenador con conexión á wifi do centro ou á Internet do centro.

Horarios definitivos do VI Concurso Galego de Robótica

Submitted by admin on

Agradecemos a rápida resposta á convocatoria. O calendario está completo, salvo incidencias e pequenos axustes por acordo entre os asistentes.

Lista de espera: Salesianos Vigo, IES Ánxel Fole, IES de Brión, IES Agra do Orzán (2 grupos), IES Vilalonga de Sanxenxo, CPR Santo Domingo, CPI Virxe da Cela, IES URBANO LUGRÍS, CPR. ANDAINA, IES San Paio e Frei Martín Sarmiento.

 

Arte e Ciencia. Balance

Submitted by admin on

Dentro do “ciclo Arte e Ciencia” realizáronse: propostas de actividades nas webs, concursos, obradoiros de cúpulas xeodésicas nos centros educativos, xornadas de formación para o profesorado, conferencias e a exposición Arte e Ciencia, que pechamos o pasado día 20 de novembro.

O balance é positivo, pola diversidade de colectivos e número de asistentes –ao redor de mil seiscentos- e pola  satisfacción por contribuír a establecer visións integradas e integradoras que, sen dúbida, propician unha maior comprensión da ciencia e da arte.

Conferencias de Arte e Ciencia 2013

Submitted by admin on

Ademais da conferencia do presidente da RAG o día 4 de novembro, clausuramos o ciclo coa conferencia Estética e Semiótica da Química: formulando con Arte do Profesor da Facultade de Ciencias de Lugo, Marcelino Maneiro no IES Leiras Pulpeiro o día 15 de novembro co motivo do Día da Ciencia en Galego e organizada por IGACIENCIA

IV Día da Ciencia en Galego e entrega de premios, nova “retocada” na prensa

Submitted by admin on
A celebración do IV Día da Ciencia en Galego e a entrega de premios do concurso, organizados por IGACIENCIA, son novas que aparecen en El Progreso hoxe, 10/11/2013, aínda que o texto precise ser traducido para poder entendelo e axustalo á realidade:
O presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, lembrou o 50 aniversario dunha exposición bibliográfica sobre ciencia en galego que se celebrara no Círculo das Artes, na conferencia Primeiras manifestacións científicas formuladas en Lingua Galega, para celebrar o IV Día da Ciencia en Galego organizado por IGACIENCIA;&nb