CONCURSO NOVOS POLIEDROS 2024: IES Menéndez Pidal, IES de Meaño e CPI Cabo da Area de Laxe

Enviado por admin o

IES Menéndez Pidal

O vídeo é moi especial, a ver que vos parece a mistura da Cruz de Dalí Corpus Hypercubus coa Santa Compaña e cos fractais.

Autores: José Ares Bacariza, Antón Cillero García, Darío Rodríguez Vilasuso, Elio Núñez Docabo e Miguel Vázquez Alonso, de 1º de Bacharelato.

Alumnos de Tecnoloxía e Enxeñaría de 1º de Bacharelato en IES Menéndez Pidal (A Coruña). Docente: Mª Paz Freire Campo.

Etiquetas

Videoconferencias do mes da Ciencia en Galego (novembro 2024)

Enviado por admin o

Iremos poñendo aquí, proximamente, as propostas de relatores e relatoras destas videoconferencias, que se realizarán en novembro de 2024, sobre a temática de Astronomía.

Se queredes inscribir xa ao voso centro, ser dos primeiros en facelo, ou  poñer a o voso centro como creador da videoconferencia, ou mesmo realizar unha persoal, podedes ir inscribíndovos para que poidamos poñernos en contacto con vós, e  organizar a infraestrutura necesaria para as emisións.