Novos Poliedros 2022. IES de Meaño

Enviado por admin o

O traballo coordinouno a profesora Aránzazu Diñeiro López

Para o Concurso de Novos Poliedros presentamos as figuras creadas en cartulinas e coas impresoras 3D. Por agora só enviamos estas imaxes e tamén a explicación do traballo feito xunto co nome dos participantes.

 

Explicación Novos Poliedros IES de Meaño.pdf

Etiquetas

Novos poliedros 2022. IES Menéndez Pidal (Zalaeta) da Coruña

Enviado por admin o

Coma no ano pasado O IES de Zalaeta abraia co seu traballo. En principio só a metade! Parabéns Paz, Rapaces e Rapazas e IES

Poliedro - Beltrán Louzao Fernández-IES Menéndez Pidal Zalaeta.pdf

Poliedro-Pablo Neira Santamaría. IES MPidal Zalaeta.pdf

Conferencia sobre Ángeles Alvariño en Lugo o día 1 de decembro de 2022

Enviado por admin o

O día 1 de decembro de 2022, ás 12 horas convocamos aos centros educativos que o desexen a acudir á Conferencia sobre Ángeles Alvariño, titulada: Ángeles Alvariño, a vontade de facer ciencia de calidade en condicións difíciles” impartida polo Doutor Xosé Fraga, autor, precisamente, da biografía de Ángeles Alvariño no Album da Ciencia.

Videoconferencias do Mes da Ciencia en Galego 2022

Enviado por admin o

Despois do éxito das Videoconferencias promovidas por Igaciencia polo Mes da Ciencia en Galego 2020 e 2021, que superaron cada ano os 8000 espectadores, dos centros educativos e público en xeral, estamos obrigados a repetir o esforzo no 2022, cunha serie de videoconferencias dirixidas aos centros educativos galegos, especialmente aos de secundaria.