Participación no Obradoiro de Sensores

Submitted by admin on Sat, 11/22/2014 - 16:32
Un total de 15 centros,  con alumnado de ESO e Bacharelato, participaron no Obradoiro de Sensores na Deputación de Lugo do 17 ao 21 de novembro de 2014.
Pasaron polo obradoiro esta semana 526 alumnos e profesores.
No mes de novembro,  sumando a participación no obradoiro e outras visitas á exposición, ata o día 24, pasaron máis de 700 persoas.

Tags

Visitas Arte e Ciencia

Submitted by admin on Sat, 11/22/2014 - 16:32

O noso agradecemento a todos os visitantes, especialmente aos que nos acompañaron na inauguración e, sobre todo, ao profesorado que reiteradamente deposita a súa confianza en nós, en que as actividades que brindamos merecen incluso facer unha viaxe de moitos quilómetros  para asistir a elas en exclusiva.

Balance da  concorrencia á exposición Arte e Ciencia:

O número de asistentes superou as 500 persoas.

Obradoiro de sensores

Submitted by admin on Tue, 11/18/2014 - 16:32

Os máis de 200 alumnos que pasaron pola sala de exposicións o luns e o martes, 17 e 18 de novembro, saíron contentos e agradeceron a actividade de Igaciencia con aplausos finais. Entenderon a exposición, pois viron que ía dedicada á xente xove, e gozaron cos múltiplos exemplos de toma de datos e competición realizados. Grazas a todos, profesorado e alumnado, pola súa implicación:

Tags

Inauguración de Arte e Ciencia en Santiago e Sensores en Lugo. Videoconferencia de Liz Marzán sobre Nanotecnoloxía. Concursos de Sensores e Inventa en Galego.Premios

Submitted by admin on Fri, 10/31/2014 - 16:32

O día 3 de novembro ás 7 da tarde, na Galería Sargadelos de Santiago, inaugurouse  a exposición Arte e Ciencia na que destacan os apartados de Op Art, Cuasicristais, Fullereno, perfís na arte, Escher, Juan Gris -coa explicación inédita en España dos seus métodos de creación-, e a exposición -tamén única en España- de obras artísticas creadas en impresoras 3d (algunha exposta tamén en norteámerica durante un ano, como podedes ver en http://www.mosaicmathart.org/

Arte e Ciencia. Información e inscrición

Submitted by admin on Sun, 10/05/2014 - 16:32

Exposición Arte e Ciencia en Santiago de Compostela

O obxectivo fundamental da exposición é ilustrar e profundar no diálogo entre a ciencia e a arte. Para explorar esa interacción dinámica selecciónanse obras e autores representativos de distintos movementos artísticos ao longo do tempo, iniciando a viaxe na arte castrexa e rematándoa con obras de arte dixital 3D recentemente expostas en congresos internacionais. 

Na exposición prima a compoñente didáctica e divulgativa e está composta por: