Arte e Ciencia. Balance

Submitted by admin on Tue, 11/26/2013 - 16:32

Dentro do “ciclo Arte e Ciencia” realizáronse: propostas de actividades nas webs, concursos, obradoiros de cúpulas xeodésicas nos centros educativos, xornadas de formación para o profesorado, conferencias e a exposición Arte e Ciencia, que pechamos o pasado día 20 de novembro.

O balance é positivo, pola diversidade de colectivos e número de asistentes –ao redor de mil seiscentos- e pola  satisfacción por contribuír a establecer visións integradas e integradoras que, sen dúbida, propician unha maior comprensión da ciencia e da arte.

Conferencias de Arte e Ciencia 2013

Submitted by admin on Tue, 11/26/2013 - 16:32

Ademais da conferencia do presidente da RAG o día 4 de novembro, clausuramos o ciclo coa conferencia Estética e Semiótica da Química: formulando con Arte do Profesor da Facultade de Ciencias de Lugo, Marcelino Maneiro no IES Leiras Pulpeiro o día 15 de novembro co motivo do Día da Ciencia en Galego e organizada por IGACIENCIA

IV Día da Ciencia en Galego e entrega de premios, nova “retocada” na prensa

Submitted by admin on Sun, 11/10/2013 - 16:32
A celebración do IV Día da Ciencia en Galego e a entrega de premios do concurso, organizados por IGACIENCIA, son novas que aparecen en El Progreso hoxe, 10/11/2013, aínda que o texto precise ser traducido para poder entendelo e axustalo á realidade:
O presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, lembrou o 50 aniversario dunha exposición bibliográfica sobre ciencia en galego que se celebrara no Círculo das Artes, na conferencia Primeiras manifestacións científicas formuladas en Lingua Galega, para celebrar o IV Día da Ciencia en Galego organizado por IGACIENCIA; 

Gañadores e gañadoras dos concursos do IV Día da Ciencia en Galego

Submitted by admin on Fri, 11/01/2013 - 16:32

Os premios entregaranse no salón de actos da Deputación de Lugo, o día 4 de novembro, día da Ciencia en Galego, ás 12 horas, antes da conferencia do presidente da Real Academia Galega, D.Xesús Alonso Montero.

Premiados/as

Do IES Xoan Montes, a alumna Yesica Fernández Ramos de 1º de BAC, Presentado polo departamento de deseño: 1 premio

Carmen, profesora de Física e Química no CPI Fonte Díaz de Touro, presenta tres traballos das súas alumnas:

O presidente da Real Academia Galega dará a conferencia central das actividades do día da Ciencia en galego

Submitted by admin on Thu, 10/24/2013 - 16:32

O día 4 de novembro, día da Ciencia en Galego, D. Xesús Alonso Montero,  Presidente da Real Academia Galega dará unha conferencia no Salón de Actos da Deputación de Lugo, ás 12 h.. A conferencia ten de título: Primeiras manifestacións científicas formuladas en lingua galega., Convídanse a todos os centros de Lugo a asistir a dita conferencia. Para asegurar que non se sobrepase a cabida do salón (164 prazas) solicitade a inscrición a secretaria@igaciencia.org. Neste momento imos en 100 prazas ocupadas.