Congreso de Igaciencia 2022: Ciencias Básicas para o desenvolvemento sostible

Submitted by admin on Wed, 01/26/2022 - 18:25

Nos días 1 e 2 de xullo de 2022, en Santiago, celebraremos o X Congreso de Igaciencia 2022: Ciencias Básicas para o desenvolvemento sostible. Así que a temática proposta e prioritaria  é esta, a proposta pola ONU para o 2022 e que tamén forma parte do eixo da Ciencia en Galego este ano: Ciencias Básicas para o desenvolvemento sostible, entre eles destacamos os obxectivos de desenvolvemento sostible:

Saúde e benestar ( ODS 3);

Auga limpa e saneamento ( ODS 6)

Enerxía limpa e alcanzable ( ODS 7);

Inventa en Galego (con App Inventor) 2022 e Concurso de Sensores para todos 2022

Submitted by admin on Wed, 01/26/2022 - 19:48

Inventa en Galego (con App Inventor)

As Bases que podedes ver aquí, son semellantes ás dos anos anteriores. A modo de resumo, céntrase en:

Crear programas en App Inventor por un equipo de alumnos e alumnas de Primaria ou Secundaria de Galicia, presentados por un ou unha profesor/a.

Conferencia do mes da ciencia en galego en Viveiro

Submitted by admin on Sat, 12/25/2021 - 15:45

Dentro do mes da Ciencia en Galego, patrocinada pola Deputación de Lugo, e organizada por Igaciencia, Inés Ben celebrou unha conferencia sobre "Converxencias Arte e Ciencia: Escher" cun auditorio cheo e facendo un repaso ás obras de Escher e de como nelas xoga coas matemáticas e a nosa percepción con resultados inesquecibles

Fotos e vídeos de robótica e drons

Submitted by admin on Sun, 11/28/2021 - 21:28

D. Jesús  Javier Celemin Santos, Concelleiro de Educación. Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego da Cidade da Coruña preside a entrega de premios do XII Concurso Galego de Robótica e do Concurso de Drons celebrados no centro Ágora da Coruña. Na primeira foto o CPI Atios de Valdoviño, 1º premio da ESO, na Segunda Foto o IES Menéndez Pidal, 1º premio de BAC-FP e na terceira foto o IES Agra do Orzán, premio especial.